sábado, 30 de octubre de 2010

Que ven o Rúa!!!

O domingo ás 12 da mañán poderemos ver a un dos equipos que está chamado para o ascenso. De feito, inda que os comezos non foron nada bos o equipo do val do Sil foise sobrepoñendo e xa está amenazando os postos de ascenso na cima da táboa clasificatoria.
Na súa idea está vir buscar os 3 puntos a Carballiño ante un Arenteiro B que non da arrancado, por moito que nos pese a todos.
O equipo está á espera de acadar adiantarse no marcador e conseguir levarse 3 puntos na casa despois de 7 xornadas sin coñecer a vitoria, con 3 empates a 0, dous a domicilio contra o Palmés e a semana pasada contra o Arnoia, e un na casa contra o Arrabaldo, inda que ben calquera dos 3 poido acabar con vitoria dos verdes.
Xabi convocou para o partido as 11 da mañán na Uceira a Iñaki, Pablo, Daki, Gallardo, Moisés, Lea, Martinez, Barroso, Cancelas, Mikel, Varela, Neira, Luis, Visi, Adrián e Dani Requeixo.
E novidade na convocatoria a aparición por primeira vez de Varela, que sae da súa lesión. Destaca este fin de semana a falta de Igor, Javi e Barros que van co primeiro equipo, a de Fausto por compromisos persoais e as de Rodrigo, Rubén, Barroso e Sergio por decisión técnica, pero xa se sabe, nunha plantilla de 24 cada semana irán quedando uns e outros, intentando que o equipo se resinta o menos posible.
O equipo verde deberá estar moi atento, pelexar e aproveitar as súas ocasións se dunha vez por todas quere quitar algo positivo. Diante terá un equipo experimentado, que vén doutra categoría e que xoga moi ben o balón buscando ó seu dianteiro centro que é un dos mais destacados do equipo.
Esperemos que dunha vez por todas o equipo teña un bo día e que o domingo o plantel poida ir a comer contento e con 9 puntos na clasificación (hai que chimpar a todos os grandes!!).

No hay comentarios:

Publicar un comentario