lunes, 29 de noviembre de 2010

Loñoá 0 - Arenteiro B 1

Despois de 11 partidos o Arenteiro B conseguía a segunda vitoria da tempada nun partido moi traballado e no que pudo haber sido peor se Iñaki non parara un penalti na primeira parte ó Loñoá que antes do descanso tamén espetou un balón no pau e tivo varias contras nas que pudo haber metido algún gol.
De tódolos xeitos inda que esto foi verdade o Arenteiro dominou de cabo a rabo a un Loñoá combativo que baseaba todo o seu xogo en balóns directos sobre a defensa visitante que de vez en cando atopaban brechas polas que facían as mencionadas ocasións de perigo.
O Arenteiro tiña o dominio do balón e fixo o pouco futbol que se viu no campo ourensán. Inda así a defensa a veces correu riscos innecesarios e o medio campo non lograba enlazar cun Varela moi cuberto todo o partido e cun Barros cheo de calidade que unha e outra vez era parado con patadas e faltas.
Cancelas e Adrián conseguiron varias veces chegar á área visitante e facer algún centro pero estes non atopaban rematador. No medio do campo Jose moi combativo pelexaba unha e outra vez cos rivais e Neira intentaba armar xogo pero o Loñoá moi enriba dos verdes impedía unha e outra vez que as xogadas acabasen con máis perigo.
Atrás Moisés e Lea intentaban dar guerra a dianteira local que de vez en cando rompía á liña e aproveitábase das posicións de fora de xogo. Por outro lado Daki e Igor estiveron bastante bén nas bandas inda que o rival gañoulle as espaldas varias veces propiciado pola perda de balón no medio do campo e por desprazamentos do central do Loñoá que desprazaba unha e outra vez balóns de 50 metros.
Deste xeito chegouse ó descanso con empate a ceros gracias en gran medida a dúas intervencións de Iñaki, que foi quen de parar un man a man e logo unha pena máxima que o árbitro pitou tras tocar o balón coa man un home da barreira tras un saque de falta lateral.
E o futbol non perdoa, quen falla acaba pagando. E así foi. O Arenteiro que apenas creou ocasións de gol no primeiro tempo, salvo dúas internadas de Barros que tiñan que haber acabado en penalti levouse o gato á auga tras unha boa combinación de todo o equipo que fai chegar o balón a Luis na banda dereita que de perfecto tiro cruzado batía a Pepe. Minutos antes e durante a segunda parte entrarían no campo Luis por Adrián (que acabaría sendo expulsado cando iba fóra do campo) Visi por Varela, Mikel por Neira e Fausto por Cancelas.
O futbol facía xustiza a un Arenteiro que xogou e fixo mellor futbol ca un Loñoá moi combativo pero que non tivo acerto cara a portería rival xa que no minuto 9 de prolongación tiraba un tiro por enriba do longueiro noutro balón morto caido dentro da área do Arenteiro B.
O partido non daba para mais e tras dúas horas no campo do Loñoá (o partido empezou ás 4 e rematou ás 6 ... non imos decir nada do Sr. árbitro) remataba co resultado de 0-1.
Un 10 para o comportamento de toda a plantilla e da actitude amosada polos rapaces neste encontro. Esperemos que se siga esta liña de seriedade, compromiso e traballo de todos e que o fin de semana que ben e se poidan sumar os primeiros 3 puntos na Uceira contra un rival directísimo como é o Moreiras pois o
equipo está preparado e ten esa capacidade.
Como datos do partido o Arenteiro B xogou de inicio con Iñaki, Daki, Igor, Moisés, Lea, Cancelas, Jose, Neira, Adrián, Varela e Barros. No segundo tempo os 20 minutos Luis substitúe a Adrián, os 25 Visi a Varela, no 28 Mikel a Neira e no 30 Fausto a Cancelas.
O 0-1 foi conseguido por Luis a falta de 10 minutos para acabar o partido inda que o árbitro engadiu 12 a maiores.
Foron amonestados según o Sr. árbitro por non gardar a distancia Igor, Jose e Moisés.
Sancionou con unha marela a Adrián por protestar e logo outra segunda por distintas desconsideracións cara a súa persona (enténdase chamarlle burro, tonto, idiota e subnormal) e tamén expulsou no minuto 25 da primeira metade ó adestrador Xabi por pedirlle explicacións das tarxetas que quitaba (lembremos que aos 20 minutos xa tiñamos 4 tarxetas e estabamos recibindo pataditas de lo lindo).
Ben, como dixemos antes non vamos a comentar nada do árbitro. O pobre seguramente será feliz así e non serán os comentarios que escribamos aquí os que fagan que eso cambie (deus nos aparte dun mal coma o del).

domingo, 28 de noviembre de 2010

Novo desprazamento a Loñoá

Xabi convocou a 15 xogadores do Arenteiro B e a un porteiro dos xuvenís para o partido de visita ó campo do Loñoá que se disputará a partires das 4 da tarde en terras ourensás.
Xabi poderá contar con Barros, Cancelas e Igor habituais do primeiro equipo e levará tamén na convocatoria o porteiro e defensa dos últimos partidos Iñaki, Daki, Moisés e Lea. Completan a convocatoria Jose, Mikel, Neira, Varela, Adrián, Fausto, Luis e Visi.
O partido é importante contra un rival asequible que non o porá nada fácil cun plantel cheo de homes veteranos.
Hoxe o Arenteiro B deberá quitar o partido adiante ou o cambio de política de filial será inminente pois quitados os homes que adestran co primeiro equipo despois de 12 xornadas tan solo Barroso conseguiu facerse coa convocatoria e titularidade, moi pouquiño para a aportación que se espera dun equipo B con rapaces sub-23, que ademáis ocupa o último lugar da categoría sen gañar ningún partido dende a primeira xornada de liga.
E o momento de experimentar un cambio ou de retomar todo de novo visto o pouco rendemento que a nivel colectivo está a amosar un plantel que de inicio tiña 25 xogadores que deberían pelexar por gañarse un sitio no 11 titular e no que hai que botar man dos xuvenís nas últimas xornadas.
Pablo e Barbosa foron baixas voluntarias, pero entre os restantes 23 hai moito que pulir e traballar se o que se desexa e facer xogadores que cumplan os méritos suficientes para xogar no primeiro equipo, e de eso nestes momentos estase bastante lonxe salvo a referencia de Barroso que tivo os seus primeiros minutos o domingo pasado contra o Gran Peña.
Esperemos a tan desexada vitoria contra o Loñoá e que o equipo de de novo unha nova boa imaxe, inda que esto dende fai bastantes partidos non chega e as causas están para todos bastante claras.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Sesión de adestramento co equipo de Preferente.

Na sesión de adestramento levada a cabo o martes Fausto e Requeixo non puderon adestrar debido a molestias de consideración que aconsellaban non forzar.
Esta foi unha das razóns polas que Iñaki, Mikel, Adrián, Barroso e Visi foron incorporados ó adestramento do equipo de Preferente no que tamén estiveron Igor, Cancelas e Dani Barros.
Nunha boa sesión física e técnica con diversos partidiños os rapaces integráronse a perfección e levaron a cabo un adestramento intenso nos que foron un máis do plantel.
En esperas da asistencia aos adestramento do xoves e venres e ás necesidades do equipo de preferente o equipo afrontará este fin de semana un dos partidos que empezan a ser importantes para escomezar a sair dos postos de descenso ante o Loñoá, equipo de xente veterana e loitadora, de non excesiva calidade pero de amor a unha camiseta que fai deste equipo un dos bos na segunda autonómica despois de ter pasado fai varios anos pola primeira rexional da que inda conserva algúns dos seus xogadores (Lalo, Míguez, Gallego ...).
Tras o partido en Maside onde a pelexa e entrega foit total sobre todo na segunda metade o equipo terá de novo este fin de semana o reto de conseguir mais goles co equipo contrario inda que tras os 12 partidos de liga casi se contan cos dedos da man (2 de Barroso, 1 de Cancelas, 1 de Dani, 1 de Neira e 1 de Adrián), unha bagaxe moi pobre para a artillería que sae cada domingo ó campo.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Maside 2 - Arenteiro B 0

A boa actuación de Iñaki e a defensa con uñas e dentes dos do Arenteiro impediron que o Maside chegase ao descanso con un resultado moito máis abultado.
Na primeira metade o dominio foi completo dos locais e os xogadores do filial apenas pasaron do medio do campo.
Ían 35 minutos cando Brais pillou no vértice esquerdo da área unha bolea coa perna esquerda que se colaba nun golazo que poñía no marcador un resultado xusto.
No descanso Xabi fixo 3 cambios e o equipo mellorou. O Maside non daba sentenciado e os verdes de vez en cando enlazaban algunha xogada que non acababa en remate.
Non lle foi doado ó Maside sentenciar o partido e tanto Iñaki como a defensa unha e outra vez eran quen de evitar o segundo gol dun Maside que se viña pouco a pouco abaixo.
Sen embargo un tiro bastante lonxano a falta de 10 minutos de Utrero pegaba na cabeza dun defensa e colábase pola mismísima escadra dos filiais. Neste caso un gol de sorte que viña a reflexar a superioridade do líder ante un Arenteiro moi combativo.
Destacar no filial a presenza de 3 xuvenís que interviron no partido e o debut de Jose, que puxo moitas gañas e empuxe. Anxo xogou os 90 minutos, Cristian saiu aos 20 minutos da 2ª parte e Carlos substituíu a Iñaki faltando 10 minutos, xusto cando o Maside conseguiu o 2º gol. Os tres tiveron unha boa actuación.
Non foi un gran partido do Maside que non estivo tranquilo ata que conseguiu o 2º gol e boa disposición de traballo e defensiva dos verdes que venderon cara a súa derrota, eso sí, sin inquedar en gran medida a meta de Heriberto.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Maside - Arenteiro B será o domingo ás 4 e cuarto

Despois dunha nova derrota contra o Ribavia na Uceira (por certo, o equipo inda non gañou ningún dos seus partidos na Uceira) toca ir visitar ao Maside que, ao contrario cos filiais que están na última posición, lideran a clasificación da segunda autonómica.
Analizando o partido do fin de semana pouco a pouco o equipo vai mellorando en cousas con respecto á semana pasada pero sigue dando esas facilidades defensivas tanto en medio campo como atrás que os rivais aproveitan sen compasión. O Ribadavia meteu 3 goles que poideron haber sido máis se o acerto os acompañara.
Ben certo é que o Ribadavia tan so dominou o partido uns 10 minutos da segunda parte cando o marcador ía 2-2 e que os locais puxeron o xogo e tamén 2 golazos, tanto de Cancelas tras unha xogada personal de Luis (desconocido na primeira parte, para mellor claro está) como de Barroso (combativo e que acabou obtendo o premio). O equipo tocaba e tiña o balón pero unha  e outra vez os balóns a Oscar "o Metralleta" cortaban unha e outra vez a defensa local e poñían en apuros a meta de Iñaki.
Con respecto ó Arenteiro a banda dereita traballou sen descanso toda a primeira parte e froito do traballo acabouse remontando un 1-0 inda que Oscar a filo do descanso empataría a 2.
A segunda parte foi totalmente ó revés. O equipo fixo desaparecer a banda dereita e o xogo todo foi pola esquerda monopolizado por Igor e por Fausto. O medio do campo e a dianteira foi incapaz de disputar os balóns e as facilidades defensivas propiciaban o empuxe dos do Ribeiro.
O desenlace estaba bastante cantado e salvo erro visitante o Arenteiro non se via capaz de chegar á porta de Perdiz.
O xogo brando e inocente dos do Carballiño propiciou unha saida dende o medio campo do Ribadavia que tras varios cortes da defensa o balón chega ó borde da área pola parte esquerda e o remate do interior acabaría dentro da porteria a falta de 10 minutos.
Todo visto para sentenza.
Coma sempre, bo xogo, dominio de balón, bonitos goles (2 non está mal) e máis gañas ca en Quins pero o equipo necesita mellorar en loita e agresividade para impedir que os equipos rivais consigan os goles con tanta facilidade (tamén hai que dicir que por circunstancias contra o Ribadavia tan só había 2 defensas específicos Igor e Moisés, e que os rapaces fixeron o que puderon moitos deles fóra da súa posición natural).
A progresión é clara e o equipo seguro que mellorará. A vitoria cada día está máis preta.
O domingo o equipo xoga en Maside ás 4 e cuarto.
Os horarios do fin de semana son os seguintes (todos os partidos son o domingo):

viernes, 12 de noviembre de 2010

O Arenteiro - Ribadavia xogase o sábado ás 6 e media da tarde

Xa está aquí o derbi contra os da capital do Ribeiro. Seguramente non chega nun bo momento para ningún dos dous equipos.
A semana pasada o Ribadavia víase superado polo Maside no seu campo e terá gañas de recuperar o perdido. Polo outro lado máis do mesmo, o filial que ven de perder en Quines quererá gañar o primeiro partido na Uceira.
Os do Ribeiro non teñen moito plantel pero os xogadores veteranos fan que o equipo sexa competitivo e veñan con gañas e garantías de gañarlle a un Arenteiro no que haberá moitas ausencias debido a traballos, compromisos persoais, lesións e sancións.
O partido foi posto para o sábado ás 6 e media da tarde.
Hoxe venres será o último adestramento e Xabi fará a convocatoria para mañán sábado ás 5 e media da tarde.
Por outra banda indicar o bo ritmo de adestramento semanal. O martes os poucos que acudiron adestraron co equipo A. Onte xoves houbo sesión física con tiro a portería e logo un partido. Hoxe será a preparación do partido de mañán e a toma de contacto para saber certamente con que xogadores podemos contar (lembremos que Moisés e Lea acabaron lesionados e non se sabe cal é o seu estado actual).

lunes, 8 de noviembre de 2010

A punto, pero a vitoria non chega

Nos últimos 2 partidos 0 puntos. O equipo está a xogar ben, os rapaces tocan o balón e intentan gañar os partidos pero nos últimos metros a cousa atáscase.
Contra o Rúa foi outro cantar, o Arenteiro adiantouse por 2 veces no marcador pero os últimos 15 minutos do equipo foron garrafales e en duas xogadas de toque o Rúa conseguiu poñer o 2 a 3 final.
En Quins o equipo foi superior aos locais pero nin o man a man de Varela, nin os regates de Adrian, o tiro a escuadra de Martinez ou o remate deste de cabeza estando solo no punto de penalti atoparon rede contraria e o marcador do equipo coma tantas veces quedou a 0, e coa porta a 0 xa se sabe, como moito un empate, que non sucedeu pois o Quins aproveitou a única ocasión que tivo dentro da área en toda a 2ª parte. Outra moi clara tamén a tivo na primeira pero Pablo ben colocado sacou non sen apuros.
Visto o visto o equipo está listo para gañar en calquera momento e contra calquera rival. A ver se entran os goles dunha vez por todas e se da saído dos postos de descenso, que 6 puntos de 30 posibles non son nada bos.
Con respecto á plantilla a chegada de Martínez e Varela danlle ao equipo outro aire pero deixase inda notar a falta de traballo e ambición por gañar de moitos dos xogadores. A ver se levantamos a moral e lle demostramos a toda a xente que somos capaces de gañar.
Para eso os próximos 6 puntos xóganse contra o Ribadavia e contra o Maside. A ver como sae a cousa, esperemos que ben.