miércoles, 25 de agosto de 2010

Calendario 2010-2011

Para imprimir o calendario pulsade sobre a opción Print e elixide as páxinas que desexades imprimir.

Normas que regularizan a competición 2010-2011

A federacion galega de fútbol quita sempre antes da competición as normas que os equipos deben ter en conta e seguir.
Entre elas están a composición dos grupos, o número de fichas, os horarios que se deben seguir, o método de reclamacións, o calendario de competición, e outras máis.
No seguinte enlace poderedes consultar as mesmas e así comprobar como todo está regulado á hora da competición.
O enlace é o seguinte:
Circular de competición da 1ª, 2ª e 3ª autonómica

lunes, 23 de agosto de 2010

Ferreira 1 - Arenteiro B 0

As 5 menos cuarto da tarde arrancou a expedición do Arenteiro B dende Espiñedo cara as terras de Ferreira de Pantón para disputar o amigable nas festas da localidade lucense.
Ao final foron 17 os xogadores que se desprazaron dende o Carballiño e 2 os desprazados dende Ourense.
A tarde era calurosa pero o terreo de xogo estaba en perfectas condicións para xogar ó futbol.
Xabi alineou de inicio a Iñaki, Barbosa, Moisés, Lea, Brais, Visi, Neira, Barroso, Barros, Fausto e Luis. Na segunda metade alineou a Iñaki, Brais, Fiti, Moises, Reque, Pablo, Sergio, Chechu, Iago, Mikel e Juanma.
A primeira parte foi bastante combatiba e os visitantes incluían unha e outra vez en pequenos erros que non deixaban facer futbol e acabar en ocasións de gol. Bo traballo defensivo e pelexa pero houbo falta de calidade e xogo.
Cando o equipo tocaba o balón impoñíase aos contrarios, cando o equipo non xogaba e había que pelexar balóns divididos o xogo era para os locais, nos que destacaban varios xogadores (defensa moi veterana e dous medios con gran calidade e rapidez). Foi na primeira parte cando na defensa de un corner os locais se adiantaban no marcador con un gol que foi en propia meta.
No primeiro tempo a banda dereita estivo froxa, o medio campo impreciso e na banda esquerda debutaba Brais, que fixo un bo partido. Arriba Luis e Barros fixeron algunha boa xogada pero non se chegou con claridade á portería do Ferreira (faltaron eses 2 ou 3 metros finais).
Na segunda parte o equipo foi totalmente novo e repetiuse o escenario da primeira, eso sí, con moitas mais imprecisións e sin un equipo que fose capaz de dominar, inda que os locais empurraban moito, meténdolle serios problemas ós visitantes que eran incapaces moitas veces de quitar o balón da zona defensiva. De tódolos xeitos cando se xogou o balón houbo ocasións de poder chegar arriba con claridade en 5 ou 6 contras ben quitadas dende atrás pero que se diluirón ó chegar á altura da área visitante.
En difinitiva outro partido no que Xabi tomou moitas notas e que serve para dar ritmo ós rapaces que terán que competir por poder quedarse no equipo. Estes partidos son os interesantes pois neles vense as virtudes e as carencias do combinado e de cada xogador en individual, cousas que haberá que corrixir se se desexan gañar puntos fóra da casa.
Esta semana os xogadores están convocados para adestrar o martes na Uceira.

domingo, 22 de agosto de 2010

Hoxe partido en Ferreira de Pantón

Hoxe o equipo desprázase a Ferreira de Pantón para xogar contra o equipo local que milita na 1ª autonómica da provincia de Lugo.
Ao final apareceu rival para botar o partido de fin de semana. Xabi convocou a última hora a todos os rapaces dispoñibles anque seguramente algún non se de avisado debido a que ata as 3 da tarde do sábado non se sabía nada do partido e do rival, anque a ben seguro a maioría dos xogadores estarán convocados e avisados para estar en Espiñedo ás 4 e media da tarde.
O campo de Ferreira é un campo amplio de herba e está situado moi cerquiña da carretera que vai de Ourense a Monforte, xusto á man esquerda do núcleo urbano unha vez que se mete un para Ferreira de Pantón.
Xabi espera quitar un equipo competitivo e seguirá facendo probas para acabar a confeción do plantel xa que tan solo quedan 2 semanas para empezar a liga.
Cancelas e Igor non se desprazarán, ó igual que Adrián. Dani Gallardo e Javi son dudas de última hora debido ó traballo e a molestias que sufre o segundo. De todas maneiras Iñaki, Dani, Barroso, Lea, Fity e Luis foron avisados directamente e a directiva fixo chegar a mensaxe da convocatoria ó resto de xogadores.
Esperemos estar todos e que o equipo dé unha boa imaxe en terras de Lugo.
Prevese unha boa entrada pos son festas en Ferreira de Pantón.
Aquí queda unha foto do campo de futbol e da situación para chegar a él. Ferreira está entre Ourense e Monforte de Lemos.


jueves, 19 de agosto de 2010

Xa hai calendario de liga

Cea, Ribeiro, Velle, Palmés e Santa Cruz serán os primeiros cinco rivais do Arenteiro B nesta presente campaña.
De principio o filial empezará contra o Cea na casa, irá ó campo de San Cristobal, logo o recibirá o Velle, irá a Palmés e rematará contra o Santa Cruz os 15 primeiros puntos en xogo.
O principio é bastante duro contra dous aspirantes claros ó ascenso como son o Cea e o Maside e contra un Ribeiro moi duro na súa casa nas últimas tempadas.
Os dous últimos partidos serán contra dous equipos recén ascendidos que teñen toda a ilusión de facer unha boa tempada nesta categoría. O Palmés é un equipo de 2ª dos de sempre e o Santa Cruz, recén ascendido tamén ten un equipo para mirar ó alto da clasificación.
Polo tanto, inicio moi duro xa a partir do primeiro partido contra o Cea, que ademáis de ser un recén descendido que ven co ritmo da 1ª autonómica ten xogadores que a pasada tempada estaban nas filas do propio Arenteiro e que virán moi motivados para quitar os 3 primeiros puntos da liga.

A primeira xornada queda configurada do seguinte xeito onde tamén destacan o Barbantes-Leiro e o Maside - Ribeiro.
Xornada 1 - 05/09/2010

S. ATL. BARBANTES - - LEIRO C.F.
C.D. MOREIRAS - - C.D. COLES
C.D. ARENTEIRO "B" - - C.D. CEA
MASIDE C.F. - - RIBEIRO FÚTBOL CLUB
RIBADAVIA AT. - - C.D. VELLE
C.F. QUINS - - C.D. PALMES
C.D. RUA - - S.D.C. ARRABALDO
ATLÉTICO ARNOIA - - CRESPOS C.F.
LOÑOA C.F. - - C.D. BARRA DE MIÑO

domingo, 15 de agosto de 2010

Trofeo en Salamonde

O domingo ás 6 menos cuarto sairá de Espiñedo a expedición do equipo para enfrentarse ó Salamonde no día grande das súas festas.
Xabi ten convocados a todos os rapaces e incluso poderá contar con 3 máis que están adestrando con Mindo. Inda así, debido a distintas baixas, lesións e ausencias a convocatoria cerrouse onte coa chamada de Adrián e a volta de Lea.

Inda que non se leva traballado nada o aspecto táctico o partido de hoxe á tarde permitirá ver por primeira vez o equipo filial desenvolvéndose nun campo de terra pequeno e permitirá ver a conxunción dos rapaces que pouco a pouco van evolucionando.

Anque se disputa unha copa a idea de Xabi e a de darlle minutos a tódolos xogadores convocados, sempre e cando o árbitro permita alinealos neste partido amistoso.

Como noticia destacable sinalar que o porteiro Iñaki xa debutou onte co primeiro equipo no triangular contra Cea e Maside que se quedou na casa do Arenteiro tras vencer nos seus dous partidos.

Inaki fixo unha boa actuación e estivo moi animado polos seus compañeiros dende a grada, "como debe ser".

jueves, 12 de agosto de 2010

Segunda semana de traballo

Tras o descanso do sábado, domingo e luns o equipo entra na segunda semana de traballo.
Os adestramentos están planificados para o martes, mércores, xoves, venres e domingo, onde se celebrará o partido do trofeo das festas de Salamonde.
O martes e mércores os adestramentos serán na Cobertoira. O xoves na Uceira e o venres inda está por decidir, pero como o partido do domingo é en campo de terra seguramente sexa en Pena Cobertoira.
O martes houbo traballo físico abundante e xa apareceron as primeiras lesións e cansancio.
Tamén se traballou co balón e fixéronse distintas xogadas de ataque.
O mércores máis do mesmo rematando a sesión con tiros á porta nos que máis da metade dos xogadores tiveron que aguantarse e cumprir o pequeno castigo físico por non dar acadado un gol antes co resto dos compañeiros.
O xoves levarase a cabo a sesión cun pequeno partido na UCEIRA e o venres prepararase o primeiro partido da tempada que será no campo do Salamonde o domingo ás 7 da tarde.

viernes, 6 de agosto de 2010

Traballo na Cobertoira

Pena Cobertoira foi o escenario do segundo adestramento do equipo filial do Arenteiro. As primeiros adestramentos son para coller fondo físico e ir coñecendo aos xogadores e tamén de toma de contacto coas superficies dos campos nas que este ano se competirá.
Deste xeito Xabi aproveitou a distancia entre o Espiñedo e o campo de terra para facer carreira ao principio e ao final do adestramento.
No intermedio sucedéronse traballos técnicos de balón, traballos de preparación física e centros e tiros á portería nos que os rapaces puxeron toda a súa vontade.
Ao final cansancio e aparición dalgunhas lesións e tiróns (cousas normais na segunda sesión de adestramento).
Antes do descanso de fin de semana (non se voltará aos adestramentos ata o martes) o venres levarase o terceiro adestramento tamén en Pena Cobertoira.

Onte asistiron á sesión 21 xogadores cos que Xabi de momento está moi contento polo empeño e gañas que lle poñen no traballo.

De momento, a seguir e no terceiro adestramento toca outra vez MIKASA.

jueves, 5 de agosto de 2010

Primeiro adestramento na Uceira

20 rapaces foron os que apareceron no primeiro adestramento na Uceira. Se a esto lle sumamos que inda falta xente por vir e que no primeiro equipo están 4 xogadores máis que poden ser incorporados ao equipo B cando estes non vaian convocados o número de xogadores parece ser superior ós 25, cousa que fará que teñan que espabilar se queren realmente quedar dentro do plantel de Xabi.

Referente ao adestramento este ía celebrarse a campo completo pero coa aparición dos xogadores do Leiro o adestramento realizouse en medio campo e o traballo foi satisfactorio de tódolos xeitos.
Xabi organizou partidos de 8 contra 8 mentres un terceiro grupo traballaba de maneira separada facendo traballo de resistencia (15 minutos de carreira, que tampouco é moito).
Ó finalizar o partido e os distintos traballos unha vez que dispuxemos do campo completo botouse un partido de 11 contra 11.
Ó final rematouse cuns xogos de competición e cunha sesión de 10 minutos de estiramentos.

Os xogadores quedaron convocados para o segundo adestramento en Espiñedo ás 9 menos 10 con zapatillas e con botas. Haberá outra vez parte física e balón.

lunes, 2 de agosto de 2010

Hoxe empezamos

Ás 9 menos cuarto da tarde en Espiñedo empezamos a pretempada.

Esto é cousa de tolos, e agora parece que o Maside xa non será o noso rival debido ó descenso do Compos á preferente por non pagarlle ós xogadores.
Deste xeito o Celanova seguiría sendo de preferente, o Maside de primeira, e no noso grupo incorporaríanse os nosos veciños de Salamonde, vaia carambola ....

Por certo, mañá empezarase con zapatillas e cunha pequena visita ó parque, para ver que tal está o paseo e se os arboliños son bonitos ...

O mércores diver, diver, con partidiños todos seguidos na Uceira, para proclamar ós primeiros campión de Pachangas.

O xoves e o venres máis, que hai que baixar quilos.

O finde todos de festa, adicado ás noivas e ós noivos (!que xa estamos no século XXI!, hai que respetar por se acaso!!!). Os solteiros tamén poden aproveitar o sábado e domingo co pulpo Paul.

Na semana seguinte 2 partidiños para abrir boca ... e nun seica hai que gañar unha copa (seguriño que algún inda non gañou ningunha!).

Haberá que poñerse as pilas!.

To be continued ... (Continuará!!!)