domingo, 3 de octubre de 2010

Arenteiro B 0 - Arrabaldo 0

Un punto máis o acadado polo equipo filial ante o Arrabaldo de Santa Cruz no partido adiantado á tarde do sábado e disputado na Uceira ás 7 da tarde.
Despois do empate ante o Palmés o Arenteiro quería quitar unha nova vitoria na casa pero o infortunio e a falta de acerto non permitiron de novo a consecución de goles. O Arenteiro pudo haber metido algún en varias ocacións pero unha e outra vez ninguén daba acertado coa portería visitante. Polo outro bando o Arrabaldo nunca lle perdeu a cara ao partido e tamén dispuxo de un par de ocasións moi claras que puderon decantar o resultado ao seu favor, pero tamén errou nos metros finais.
O partido rematou co resultado inicial de 0-0 e os equipos non moi contentos porque puderon ambos declinar o resultado ó seu favor.
O equipo verde alineou a Pablo, Daki, Igor, Moisés, Lea, Rodrigo, Barroso, Rubén, Luis, Neira e Sergio. Na metade da primeira parte a lesión de Barroso diu entrada a Visi e xa no segundo tempo Barbosa ocupou o sitio de Rubén e Dani o de Luis.
En canto ó partido duas partes moi diferentes. Na primeira o Arenteiro non soupo facer o seu futbol e as mellores ocasións foron para os visitantes que dominaron a parcela do medio do campo.
Tras o descanso o escenario cambiou e os de Xabi dominaron o partido completamente pero non se diron materializados as ocasións. O equipo triangulou máis e fixo bo futbol pero non foi suficiente para inagurar o marcador. O Arrabaldo defendeuse e lanzou varias contras que levaban moito perigo á meta de Pablo.
Ó final reparto de puntos e o Arenteiro acada así o primeiro empate na casa:  1 ganado, 1 empatado e 1 perdido. Colócase na táboa de clasificación con 5 puntos dos 15 que se levan disputado.
Esperemos que canto antes se poidan sumar de 3 en 3. O camiño visto na segunda parte é un bo camiño. Agora o que falta é atinar cara a portería rival.

Foto do Arrabaldo quitada da súa páxina web

No hay comentarios:

Publicar un comentario