jueves, 30 de septiembre de 2010

Horarios e partidos de fin de semana

Como antes ben dixemos o partido contra o Arrabaldo celebrarase o sábado ás 7 da tarde na Uceira.
O calendario completo para esta categoría neste fin de semana é o seguinte:


O resto de enfrontamentos nas distintas categorías podédelo consultar neste enlace: Consultar partidos fin de semana).

O Arrabaldo ten un dos seus xogadores sancionados. Podedes consultar as sancións no seguinte enlace : Sancións da 5ª xornada

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Arenteiro B - Arrabaldo o sábado ás 7 da tarde.

Sigue o traballo semanal de preparación para o partido do sábado contra o Arrabaldo que ao final se celebrará a partires das 7 da tarde.
O martes adestraron Iñaki, Daki, Barroso, Fausto, Mikel, Rodrigo, Adrián e Dani Reque, cumpríndose así as previsións de falta dos rapaces que cursan os seus estudios fóra. Ese día adestráronse xogadas de ataque e fíxose coma sempre traballo para os porteiros.
O seguinte adestramento será o xoves á hora de sempre en espera da asistencia de algún xogador máis.
A última sesión de adestramento semanal levarase a cabo o venres onde Xabi poderá saber con certeza os xogadores dos que poderá dispoñer ante a gran cantidade de lesións que hai no equipo A e previsibles ausencias de algúns xogadores o fin de semana.
Polo tanto os adestramentos que quedan esta semana serán o xoves e o venres.

domingo, 26 de septiembre de 2010

Palmés 0 - Arenteiro 0, primeiro punto fóra da casa

Xa nas vésperas do partido non se consideraba unha saída nada fácil a do Arenteiro B a Palmés por diferentes motivos que estaban mais ou menos claros: campo de terra pequeno, equipo veterano que inda non conseguira ningún punto, adestramentos semanais con falta de xente, xogar fóra da casa ... e así foi, o partido contra o Palmés transcurriu con todos estes alicientes pero onte os rapaces do filial deron a cara e conseguiron acadar 1 valioso punto nun partido que poido levar calquera dos dous equipos. E este terá que ser o camiño a seguir para ir escalando postos na clasificación.
Xabi alineou a Pablo, Daki, Igor, Lea, Moisés, Gallardo, Fausto, Barroso, Rodrigo, Neira e Visi. A media hora de partido Luis saiu en sustitución de Visi e pouco máis tarde Rubén sustituiría a Fausto. Xa na segunda metade Sergio entrou no sitio de Barroso e Dani Requeixo entrou en lugar de Neira.
Os primeiros compases de partido foron de tanteo e o Arenteiro B non se daba feito co control do xogo, ao revés, foi o Palmés o que tocaba e se acercaba unha e outra vez á área de Pablo. Os saques directos do porteiro, moi longos, provocaban malos despexes da defensa visitante e conseguían saques de bandas á altura do área moi perigosos. Cando esto non era así o centro do campo e a banda dereita do Palmés facíase unha e otra vez cos rechaces e as súas xogadas provocaron varios corners moi perigosos que por fortuna non tiveron consecuencias. O Arenteiro non se atopaba cómodo e parecía durmido. A única ocasión nos primeiros 45 minutos do equipo verde foi só unha xogada de Neira que cedeu a Gallardo, pero o seu tiro foi desviado polo porteiro do Palmés.
Na segunda parte o Arenteiro polo menos soupo a que xogar, buscar o xogo de contacto, pelexar e intentar sorprender á defensa do Palmés. E así ocurriu varias veces, o Arenteiro foille tomando o control ó partido, foi máis preciso nos cortes e nos despexes e apareceron as ocasións de gol. Na primeira Gallardo cabecea por enriba do porteiro e con este batido o balón espétase no longueiro. Minutos máis tarde Luis queda diante do porteiro pero o seu man a man acaba nun tiro de vaselina que saiu bastante desviado.
Estes fallos poidéronlle costar caro o equipo pois os últimos 3 ou 4 minutos de partido o Palmés asediou a portería de Pablo pero os malos tiros de falta e noutros casos a falta de acerto rematador fixeron que o partido acabara cun xusto 0-0.
O partido foi unha pelexa constante e o futbol de toque brillou pola súa ausencia. En partidos coma este non se debe baixar a garda e hai que disputar cada balón en cada momento. Calquera fallo pode costar moi caro. Onte grazas ó bo traballo defensivo a portería quedou en branco e púdose acadar un punto que poideron ser 3 se estivésemos acertados na parte de arriba. Inda así ó equipo cóstalle moito chegar e facer ocasións de gol, algo que haberá que mellorar nos seguintes partidos.
Agora toca pensar no seguinte envite na casa contra o Arrabaldo, outro equipo recén ascendido coma o Palmés e que quere asentarse na categoría.

sábado, 25 de septiembre de 2010

Adrián por sanción e Barbosa por lesión baixas para Palmés

Onte á noite Xabi proporcionou a convocatoria para desprazarse a Palmés. Os equipo partirá de Espiñedo ás 4 da tarde para enfrentarse aos locatarios a partir das 5 e media.
Onte a asistencia foi casi plena e o único que faltou foi Barbosa por unha posible lesión de rodilla. O resto do plantel, do que tamén faltaban Javi e Cancelas convalecentes no primeiro equipo e Dani Barros que irá convocado co A, adestrou durante hora e media preparando o partido de hoxe en terras de Ourense.
Deste xeito foron convocados Iñaki, Pablo, Daki, Moisés, Gallardo, Lea, Igor, Barroso, Rubén, Sergio, Rodrigo, Visi, Fausto, Neira, Luis e Dani Requeixo para afrontar este 4º partido de liga que se amosa decisivo para saber se o Arenteiro B andará cómodo entre os postos intermedios ou terá que pelexar por non descender se cae nos postos fondos da clasificación.
Por outra banda o plantel terá que ir poñendose ó día nas contribucións voluntarias que adestramento tras adestramento se van acumulando. Estas pódense seguir e consultar na seguinte direción de internet :Contribucións do Arenteiro B.
Esperemos traer os 3 puntos e arrancar cara postos de arriba.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Palmés - Arenteiro o sábado ás 5 e media

Outra vez toca xogar en sábado. Neste caso o desprazamento será a Palmés, equipo pechacancelas da categoría.
Inda que os de Ourense van de últimos a ben seguro quererán inagurar o marcador. O Arenteiro B deberá quitar o partido adiante se desexa colocarse nunha zona cómoda da táboa e ascender algunha posición. En caso contrario o equipo caería en postos de descenso.
Os demáis partidos que se xogan o fin de semana son os seguintes:


O Arenteiro B fará hoxe venres o derradeiro adestramento e del sairá a convocatoria de rapaces que mañán se desprazarán a Palmés para xogar o partido. Este fin de semana toca gañar.

jueves, 23 de septiembre de 2010

Arenteiro 4 - Veteranos Maside 1, próximo adestramento o venres

O martes e o mércores leváronse a cabo na Uceira dúas sesións de adestramento baixo mínimos.
Se o martes acudiron a adestrar 6 xogadores, onte mércores coa axuda de Barros, Gallardo e Igor desenvolveuse un partido amistoso contra o Maside de Veteranos no que se acadou o resultado de 4-1 para os rapaces do B.
Así asistiron ó adestramento Iñaki, Moisés, Gallardo, Igor, Fausto, Rodrigo, Mikel, Dani Reque e Barros. Completaron o equipo o veterano Valente e o adestrador Xabi. Barroso está lesionado e Adrián desaparecido. O resto de xogadores están estudiando nas distintas universidades.
En espera da chegada destes xogadores o seguinte adestramento levarase a cabo o venres pola tarde e dependendo da data do partido e da dispoñibilidade do campo ándase a contemplar a posibilidade de adestrar os sábados pola mañán.
As sancións desta xornada xa saíron onte e a Adrián caéronlle 2 partidos. Podedes consultalas na seguinte direción: http://www.futgal.es/uploadedFiles/pdfs/san_00002080.pdf

martes, 21 de septiembre de 2010

Moito Velle e segunda derrota : Arenteiro B 0 - Velle 2

Segunda derrota na liga e primeira derrota na casa contra un Velle que se amosou superior e fixo valer a veteranía na segunda parte á espera dos fallos dun Arenteiro que estivo ó seu nivel pero ó que lle costa moito de momento meter goles.
O Arenteiro aguantou bastante ben a primeira parte e sufriu durante todo o partido as continuas faltas e provocacións dos xogadores do Velle, ben asentados no campo e que facían valer a súa veteranía.
A defensa funcionou bastante ben e no medio do campo loitouse, pero tanto Barros coma Adrián non dispuxeron de claras ocasións de gol. Neira e Visi pelexaban no medio e Barroso, desaparecido ata a metade da primeira parte, tardou en entrar en xogo. Fausto tería duas ocasións para marcar pero os seus tiros moi froxos non chegaron nin á portería.
No medio de esto Barros íase unha e outra vez da súa marca pero as axudas defensivas do Velle foron eficaces e cortaban o balón en múltiples faltas que o árbitro casi nunca pitaba.
No segundo tempo máis do mesmo, non se daba entrado na defensa visitante e pouco a pouco o Velle xogaba algo mais solto. Nunha triangulación que empezou no medio campo o balón chega en profundidade ó interior do Velle que queda solo diante de Iñaki e tras regatealo mete o 0-1 no marcador inda non chegada a metade da segunda parte.
Mais tarde complicouse a cousa e coa expulsión de Adrián o Arenteiro acabou xogando cun home menos.
Para rematar a faena o Velle acadaría de tiro libre directo un bonito gol máis alá dos 25 metros faltando 5 minutos para acabar o partido.
O Arenteiro pelexou pero non foi suficiente.
Saíron de inicio Iñaki, Daki, Barbosa, Moisés, Gallardo, Visi, Fausto, Barroso, Barros, Neira e Adrián.
Na segunda parte entraron Rubén, Lea, Dani e Sergio en substitución de Daki, Visi, Barbosa e Neira.
O Arenteiro deberá apernder dos errores, estar mais concisos nas xogadas e terá que seguir poñendo todo da súa parte para quitar o seguinte partido adiante na saída do fin de semana a Palmés. Un partido que se antoxa importante para os de Carballiño pero tamén para os locais, que inda non teñen ningún punto e veñen de dar moita guerra contra o Maside (2-1 nesta xornada). Será un partido complicado e moi interesante.

sábado, 18 de septiembre de 2010

O Arenteiro B mídese na Uceira a un gran Velle

A partir das 7 da tarde o Arenteiro B recibirá a un dos candidatos ao ascenso da categoría, o Velle.
Inda que non acadou resultados positivos o equipo da capital nestes dous primeiros partidos de liga os informes deste equipo son enmellorables. O seu xogo basado en xente nova de toque e algún coñecido do futbol provincial con veteranía nos últimos metros fan deste novo proxecto ourensan un dos principais candidatos para o cambio de categoría ao final da tempada. Moi ben deberá xogar o Arenteiro se desexa que os 3 puntos queden no Carballiño.
Xabi convocou para as 6 menos cuarto da tarde na Uceira a Iñaki, Pablo, Daki, Barbosa, Moisés, Lea, Gallardo, Barroso, Visi, Neira, Sergio, Fausto, Rubén, Dani Requeixo, Dani Barros e Adrián.
Veremos se o equipo da a talla coma no primeiro partido contra o Cea ou se pola contra se deixarán notar esta semana de ausencias nos adestramentos e das últimas noites de festas que están a celebrarse na vila.
Esperemos que estes factores sexan unha motivación extra e que os rapaces fagan un bo traballo para quitar o partido adiante.
Saberémolo a partir das 7 da tarde na Uceira.

Algunhas das novas que se coñecen do Velle podédelas consultar nos seguintes enlaces:
- O Velle ármase para o ascenso: http://www.futbolplus.com/foro/viewtopic.php?f=87&t=169177&start=15#p5840287
- O Velle refórzase con bos xogadores: http://www.futbolplus.com/foro/viewtopic.php?f=87&t=169177&start=30#p5876289
- Gabri, ficha polo Velle: http://www.futbolplus.com/foro/viewtopic.php?f=87&t=169177&start=30#p5881256
- Velle - Muiños: http://www.futbolplus.com/foro/viewtopic.php?f=87&t=169177&start=45#p5894546
- Vitoria contra o Ferreira: http://www.futbolplus.com/foro/viewtopic.php?f=87&t=169177&start=60#p5913644

jueves, 16 de septiembre de 2010

O Arenteiro B - Velle será o sábado ás 7 da tarde

O partido contra o Velle celebrarase o sábado ás 7 da tarde na Uceira. Foron 4 os partidos adiantados ao sábado e os restantes serán o domingo.
Así quedan os horarios:
Coles - Leiro, Barbantes - Cea e Moreiras-Ribeiro o sábado ás 5 e media.
Arenteiro B - Velle o sábado ás 7.
O domingo ás 5 e media: Maside - Palmés, Ribadavia - Arrabaldo, Quins - Crespos, Rúa - Barra de Miño e Loñoá - Arnoia.

En referencia aos adestramentos este martes debido aos estudos faltaron Daki, Moisés, Lea, Rubén, Luis e Neira. Tamén faltaron Pablo e Rodrigo. A semana que vén seguramente haxa mais ausencias.
Inda así Xabi adestrou con 12 rapaces sen contar os 5 que adestran co equipo A. Así fíxose unha sesión física e de portería contando con Iñaki, Barbosa, Fausto, Barroso, Visi, Dani Reque, Adrián, Marquina, Pablo, Mikel, Iago e Brais.

O seguinte adestramento será o xoves 16 á hora habitual.

domingo, 12 de septiembre de 2010

Derrota para seguir aprendendo

Nada que obxectar á derrota sofrida polo filial nas terras de Ribadavia ante o equipo de San Cristobal, o Ribeiro FC.
Anque Xabi quitou ao campo a un equipo de garantías o Ribeiro foi dominador da situación en toda a primeira parte e tanto o futbol directo coma a veteranía e o saber facer dos bos xogadores do equipo local foron merecedores nun campo moi reducido pero en boas condicións de irse ao descanso coa vantaxe de 1 a 0 no marcador.
Na primeira metade xogaron Pablo, Daki, Igor, Gallardo, Javi, Visi, Fausto, Cancelas, Barroso, Neira e Sergio.
No descanso saltaron Moisés, Lea e Barbosa en substitución de Javi que non se atopou totalmente recuperado da súa lesión, Visi e Sergio.
A segunda metade cambio de color, pero por desgracia a sorte acompañou de mellor maneira unha xogada do Ribeiro que acabou dentro da portería do Arenteiro B poñendo o 2-0 no marcador mediada a segunda parte.
O Arenteiro non se veu abaixo en ningún momento e seguiu loitando pero sen moita chegada e tiros a portería.Así podemos destacar un tiro de Fausto que quitou moi ben Julio e unhas chegadas de Cancelas que non culminaron con acerto. Tamén distintas faltas e corners que non acabaron en remate.
Pola contra o Ribeiro tamén chegaba con perigo en xogadas moi rápidas que eran propiciadas polos saques de portería de Julio e por imprecisións nun campo moi estreito e pequeno.
Os visitantes na segunda metade mereceron algo máis co gol de penalti (que solo viu o árbitro, por certo) que anotou Neira, pero a veteranía dos locais e a falta de tempo non deixaron que o partido fose mais alá dos 90 minutos (debería haberse alargado 6 ou 7 ao final).
Unha derrota que serve para aprender que non se lle poden facer regalos aos contrarios e tamén para saber que loitando ata o final se pode conseguir moito, pero que non é suficiente, independentemente dun árbitro que non merece estar nesta categoría (estivo desastroso, por decir algo agradable).
Moito terán que espabilar os do filial contra rivais deste tipo se desexan obter resultados positivos (ser novos ten moitas vantaxes, pero tamén moitos inconvintes cando enfronte hai xogadores veteranos, e para proba este partido contra o Ribeiro).
Nos últimos minutos Requeixo e Rubén substituirón a Daki e Cancelas. Destacar o debut de Pablo que fixo unha moi boa actuación e tamén o traballo de Gallardo e Fausto na segunda parte no medio do campo que lle deron unha mellor imaxe e forza ao equipo visitante. Pola súa banda o resto do equipo fixo un bo traballo, pero esto ás veces non é suficiente. Agora toca gañar o seguinte partido contra o Velle.
Aquí queda unha foto do equipo do Ribeiro e no enlace a crónica que estes fan do partido.
Tanto a foto coma o enlace están sacados da páxina do Ribeiro FC (http://www.ribeirofc.com/)

jueves, 9 de septiembre de 2010

O partido contra o Ribeiro en San Cristobal será o sábado as 5 e media

O resto de enfrontamentos tamén serán o sábado ás 5 e media e son os seguintes:

LOÑOA-C.F. LEIRO
C.D. COLES- S.AT. BARBANTES
C.D. CEA - C.D. MOREIRAS
RIBEIRO F.C. - CD ARENTEIRO
C.D. VELLE - MASIDE C.F.
C.D. PALMES - RIBADAVIA
S.D. ARRABALDO - C.F. QUINS
CRESPOS C.F. - C.D. RUA
BARRA DE MIÑO - AT. ARNOYA

Esta semana o Arenteiro B leva adestrado o martes e o mércores, onde botou un pequeno partido contra os xuvenís da Escola de Futbol.
O seguinte adestramento será o venres.
Os adestramentos estanse levando a bo ritmo pero esta semana xa faltaron algúns rapaces por motivos de estudos e exames, pero a asistencia aos mesmos é notable.
Onte adestraron Iñaki, Chopo, Barbosa, Daki, Lea, Gallardo, Igor, Sergio, Rodrigo, Visi, Mikel, Barroso, Fausto, Barros, Cancelas, Neira, Marquina, Adrian e Dani Requeixo.
De momento son baixas casi seguras para o partido do sábado Iñaki, Javi e Luis.

domingo, 5 de septiembre de 2010

Arenteiro 1 - Cea 0, primeiros 3 puntos da liga

Unha moi traballada e sufrida victoria danlle os primeiros 3 puntos a un Arenteiro B que o intentou dar todo no campo e que ó final tivo recompensa cun gol de vaselina de Barroso cando faltaba un cuarto de hora para acabar o partido.
O Arenteiro saiu ó campo con Iñaki, Barbosa, Igor, Moisés, Javi, Visi, Fausto, Barroso, Luis, Neira e Sergio.
Luis, que sofriu un forte esguince no tobillo esquerdo tivo que ser substituido a media hora e no campo entrou Daki.
No descanso entrarían Rubén e Rodrigo en substitución de Barbosa e Sergio. Máis tarde na segunda parte Lea substituiu a Moisés e Dani Requeixo debutou no posto de Neira.
Nada fácil foi a primeira victoria do equipo en Espiñedo. Os dous tempos foron bastante parecidos cun dominio inicial do Cea que presentaba o seu once casi de luxo con Pichi, Omar, Fran e Obenza como homes de referencia no ataque e que fixeron traballar de abondo a toda a defensa local.
Os do filial intentaban sair co balón xogado pero as imprecisións e fallos nos pases facían que os balóns acabasen nos pés dos panadeiros. O traballo era bo e a intensidade do xogo fixo que o Cea se atopase incómodo. Inda así os visitantes dispuxeron de varios corners e faltas ó borde da área que acabaron sen consecuencias. Deste xeito nos últimos minutos os locais tomaban o mando do partido pero sen claras ocasións de gol.
No segundo tempo máis do mesmo, pero aquí si que o Cea pudo adiantarse no marcador con duas xogadas moi claras nas que Iñaki tivo que resolver e evitar goles cantados na grada. O Arenteiro según iba pasando o tempo iba atopándose mellor no campo e empezaba a dominar levemente o partido. Nun roubo de balón o pase de Neira a Barroso, moi traballador todo o partido, por enriba da defensa deixa a este nun man a man contra o porteiro que define de maneira perfecta cunha bonita vaselina. Era o 1-0.
Co marcador en contra o Cea botouse arriba causando numerosas ocasións sobre todo en corners que a defensa local non daba defendido con claridade. A defensa tiña moito traballo e Fausto a falta de 5 minutos evitou un gol sacando o balón de cabeza de debaixo dous paus.
Nos últimos minutos os locais defenderon a vantaxe e co pitido final os 3 puntos quedaron na casa.
O filial deu unha imaxe de equipo traballador e entregado, cun amplísimo marxe de mellora, inda que en frente estivo un dos equipos chamados a estar arriba.
Destacar que Luis foi atendido nun centro médico despois do partido e recibiu un tratamento de calmantes e antiinflamatorios. Esperemos que a lesión non sexa máis que eso e dende aquí mandarlle ánimos.
Ó final un bonito e disputado partido no que os puntos quedaron na casa gracias ó mellor acerto dos locais, que aproveitaron a perfección unha das poucas ocasións das que dispuxeron.

jueves, 2 de septiembre de 2010

Daki, Moisés e Neira serán os capitáns do Arenteiro B

Os compañeiros de plantel elixiron a Daki coma capitán do Arenteiro B. Os segundos capitáns serán seguindo a orde Moisés e Neira.
Deste xeito quedan establecidos os capitáns do equipo para tratar os temas que sexan motivo de información, de diálogo ou de discusión durante a tempada sendo a primeira representación visible da plantilla xunto co adestrador.
O resultado das votacións son os amosados no seguinte cadro:

 Pulsa enriba do cadro para velo ben.

Noraboa aos capitáns, e sorte pois ser capitán esixe moita responsabilidade.


O capitán neste equipo será o encargado de manter as conversacións co adestrador, levarlle á plantilla as decisións que se tomen en relación cos adestramentos, partidos e outras actividades que poidan levarse a cabo. Serán os primeiros en ser informados e levarán as noticias existentes ó resto de compañeiros.
Por outro lado o capitán será o encargado de comunicarlle ao entrenador as decisións tomadas en común e será o representante do plantel acompañado do adestrador diante da directiva.
Como podedes ver é algo máis ca levar un brazalete o día do partido.

Chopo non fará ficha e o filial segue cun só porteiro

Ao final o Arenteiro B tan so contará de momento co porteiro Iñaki pois Chopo a ultima hora non decidiu tramitar ficha.
Segue así a búsqueda dun segundo porteiro que permita cubrir o posto ante posibles acontecementos (convocatoria dun porteiro polo primeiro equipo, sancións do porteiro, lesións, traballos, etc.).
Con esta última nova e ante a posible ausencia de Gallardo e Dani Barros por motivos laborales e a convocatoria de Cancelas que irá co primeiro equipo serán os 16 xogadores restantes os que completen a convocatoria de Xabi para o sábado contra o Cea.
Os adestramentos desta semana completaranse hoxe xoves e mañán venres, véspera do partido.
Mentras tanto a plantilla no adestramento do Mércores fixo unha votación para elixir os 3 capitáns do equipo que serán os representantes do plantel na competición e ante a xunta directiva.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Xabi presenta a lista de 20 xogadores do Arenteiro B.

O Arenteiro B presentará o sábado contra o Cea unha alineación na que aparecerán 11 dos 20 homes os que se lle tramitou a ficha dende a entidade verde.
Chopo, que xoga coma porteiro, foi a última incorporación dunha lista formada polos xogadores sub-23 que adestran co primeiro equipo e os elixidos nun principio polo adestrador do B para o arranque da liga 2010-2011.
Na lista de fichas tramitadas para o equipo filial aparecen os seguintes xogadores:
- Na portería Chopo e Iñaki.
- Como defensas Barbosa, Moisés, Gallardo, Lea, Javi, Daki e Igor.
- No medio do campo Rubén, Rodrigo, Barroso, Fausto, Sergio, Visi e Neira.
- Como dianteiros Dani Reque, Cancelas, Luis e Dani Barros.
Esta lista está aberta e permite a incorporación de 5 xogadores máis cando se crea convinte ó longo da tempada según sexan as necesidades do clube.
Anque se presentasen só estas 20 fichas Xabi deixa liberdade aos demáis compoñentes que viñeron adestrando ata agora para que tomen as súas decisións e por suposto, non cerra a cancela a ningún deles proporcionándolle a posibilidade de seguir adestrando como ata agora o levan feito de forma satisfactoria.
Na lista destes xogadores destacan Emilio, Fity, David Lema, Chechu, Iago, Brais, Marquina, Pablo, Adrián, Mikel e Juanma.
Xabi agradeceu ata agora o traballo e bo comportamento de todos eles e tamén explicou que a lista non está cerrada, que hai que gañarse un posto e que de 30 tan solo pode quitar cada domingo 11, estando limitado o número de fichas a 25 (5 ou máis sempre terán que quedar fóra das fichas).
Esta semana, con motivo do partido do Cea, os compoñentes do plantel xa empezaron a traballar sobre o esquema e a filosofía de xogo intentando acoplar tódolos comportamentos da maneira máis similar posible aos do equipo de Preferente.