domingo, 24 de octubre de 2010

Arnoia 0 - Arenteiro B 0

Novo punto conseguido fora da casa no campo do Arnoia e 3º empate no que vai de liga.
Onte foi unha boa oportunidade para acadar a primeira vitoria fóra da casa pero a falta de acerto impediu que o filial acadase os 3 puntos.
O partido tivo duas partes moi diferenciadas e haberá que buscar a explicación de como se pode estar tan centrado e ben na primeira e tan desorganizados, desorientados e peor no segundo tempo, incluso con posibilidades de perder o partido nos últimos quince minutos xogando contra dous homes menos. Fallos nos cambios?, falta de implicación dos xogadores?, confianza contra 2 homes menos?, o que está claro e que onte non se perdeu de casualidade, anque eso si, na primeira parte o resultado normal sería un 0-3, sin quitarlle méritos ó Arnoia que se plantou bastantes veces diante da porta onte defendida por Iñaki. Entre elas podemos citar un tiro ó longueiro e varios remates que os dianteiros locais tiraron bastante desviados, pero que con outro rival e noutras circunstancias acabarían entrando, e dende logo, o sábado que vén o Rúa non vai a fallar.
De inicio sairon a xogar Iñaki, Lea, Gallardo, Javi, Daki, Rodrigo, Igor, Fausto, Neira, Martínez e Cancelas.  No descanso entraron Luis e Rubén nas posicións de Neira e Fausto. No transcurso da segunda metade Visi substituiu a Rodrigo, Dani Requeixo a Cancelas e Sergio a Martínez.
A primeira parte foi ben xogada polos do Carballiño, gardando ben en defensa, desprazando o balón e facendo algunha xogada combinada nun campo que non permitía xogar ó futbol. Froito desto tanto Cancelas como Neira poideron acadar algún gol pero unhas veces o porteiro e outras a defensa quitaban os balóns de debaixo dos paus.
O Arnoia xogaba futbol directo e a pelexa era constante. Inda así costoulle tirar entre os 3 paus e Iñaki na primira metade non tivo traballo salvo o remate dun corner que se colaba cara o interior xusto antes de irse ó descanso.
Xabi viu cansados a Neira e Fausto e diu entrada a Luis e Rubén, pero a cousa non funcionou. O partido iba a peor. O Arnoia chegaba con máis facilidade e no centro do campo non se impoñía o xogo da primeira parte dos filiais. Martínez e Rodrigo empeñáronse en pelexas particulares, Igor e Daki estiveron desaparecidos, a Cancelas non lle chegaban balóns e atras Javi, Gallardo e Lea bastante desconcertados non atinaban a parar as avalanchas do xogo do Arnoia. Nas bandas Rubén e Luis non entraban en xogo e non houbo ningunha chegada. As posicións eran as mesmas pero o xogo e a chegada arriba nulas.
Para maior vantaxe o Arnoia quedaría sen dous dos seus xogadores faltando uns 10 minutos pero anque Xabi pedía tranquilidade, xogar máis a pelota e entrar dende atrás debido á superioridade o descontrol era total e non se diu feito ningunha das cousas, salvo  dous contragolpes no que se pudo marcar. No primeiro Martínez e Cancelas fan unha bonita xogada e o remate despéxao o porteiro. No segundo sería un tiro de Dani Requeixo que o porteiro despexaba coas rodillas.
Inda así esto foi demasiado pouco na segunda parte e o Arnoia con 9 poñía en serios apuros a área do Arenteiro. O Arnoia entraba por arriba, tamén con paredes, forzaba corners e tamén faltas ó borde da área facendo supoñer neste caso o peor, a pérdida do partido.
Por fortuna, o largueiro en primeiro lugar e dúas boas intervencións de Iñaki fixeron que o marcador quedase co resultado inicial: Arnoia 0 - Arenteiro B 0.
Os números cantan, pero inda así de 8 partidos tan só nos diron gañado 4 equipos, o malo e que dos outros 3, 1 victoria e con este 3 empates. Falta gañar algo máis. Tocaralle ser contra o Rúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario