miércoles, 26 de enero de 2011

Mala imaxe contra o Ribeiro, Arenteiro 0 - Ribeiro 1

Repítese o inicio da primeira volta e as dúbidas que xenera o equipo partido tras partido.
O domingo o equipo tiña por nomes entidade suficiente coma para crearlle ocacións e meterlle algún gol ó Ribeiro pero os locais fixeron unha primeira parte desastrosa e na segunda, inda que se mellorou o equipo non foi capaz de chegar con claridade á porta de Julio, que se amosou moi seguro e tan só pasou apuros na segunda metade a un tiro de Fausto e unha ocasión de Neira.
Por enriba o equipo acaba castigadísimo coa lesión de Mikel, coas molestias de Lea e coa expulsión de Manuel Caíña para ir visitar o fin de semana que vén a un candidato firme ao ascenso como é o Velle.
Xabi colocou de de inicio contra o Ribeiro a Iñaki, Barroso, Daki, Lea, Javi, Cai, Neira, Luis, Varela, Jose e Cancelas. Despois do descanso sairían Mikel e Fausto. Avanzada a segunda metade entraron Visi e Dani.
O debuxo técnico non funcionou en ningún momento e tanto Cai, Jose, Neira e Luis non daban parado á media do Ribeiro que unha e outra vez colocaba balóns as espaldas de Daki, Javi e Lea provocando chegadas de 1 contra 1 na área de Iñaki que por fortuna e por erros dos visitantes eran desperdiciadas unha e outra vez. Sen embargo sería nunha falta rasa e ao lado de Iñaki cando o balón atravesaría a liña de gol e establecía o 0-1 co que acabaría o partido.
Na segunda metade Xabi recompón o equipo e fai unha e outra vez cambios de posicións buscando a chegada á portería. O equipo foi superior e dominou ó Ribeiro pero cara a meta os esforzos foron inútiles. A falta de dous minutos para rematar a grave lesión de Mikel provocou o final do encontro e o resultado merecido do Ribeiro por aproveitar mellor as ocasions que tivo.
Xabi bota en falta a personalidade que debe ter o equipo e a falta de rendemento nos partidos. Hai moitos fallos en cousas moi básicas e costa corrixilos. A esperanza é grande pero unha e outra vez o equipo pon de manifesto erros que os rivais aproveitan: fallos nos pases, baixa forma física, falta de disputa, a idea de ir polo partido e gañalo ... condicionantes que cando ocurren fan que os partidos se conten por derrotas. De tódolos xeitos o equipo na segunda parte repúxose e quixo moito máis pero a pegada foi moi froxa. O equipo necesita estar en todos os partidos ó 100% e calquera vantaxe que se lle conceda aos contrarios pasa factura (non adestrar, sair os sábados pola noite, partidos o día anterior, desmoralización, ...). Hai que intentar vir nas mellores condicións e inda así os rivais non no lo van a poñer fácil. Coa chegada dos xogadores de arriba (Javi, Cancelas, Gallardo e Igor) e tamén coa fichaxe de Cai o equipo debería amosar outra imaxe máis contundente, pero de momento esto debe esperar. Barroso, Neira, Jose, Varela e Fausto tamén deberían ser xogadores que deberían tirar polo equipo e que complementan perfectamente aos anteriores. A primeira oportunidade será o próximo fin de semana e xa veremos como sae o equipo mentalizado contra o Velle esperando para o futuro  a recuperación de Dani Barros, a volta de Martínez e a fichaxe dalgún outro xogador máis para saír dunha vez por todas de tan angustiosa situación e voltar a dar unha boa imaxe de loita e entrega coma en Coles e en Cea.
En canto ao traballo semanal o martes adestraron Neira, Daki, Visi, Luis, Cancelas, Javi, Fausto e Igor. Na primeira parte fixeron un quecemento co primeiro e quipo e na segunda xa con Xabi fíxose un traballo físico e un partidiño de 4 contra 4.
O xoves o equipo adestrará en Maside as 8 e cuarto no típico partido co primeiro equipo.

miércoles, 19 de enero de 2011

Arenteiro B - Ribeiro o domingo ás 12 da mañá

Despois da vitoria contra o Cea no que o equipo sacou de novo os 3 puntos agora toca recibir ó Ribeiro.
O campo está ocupado por un mongón de partidos que xoga a escola na casa este fin de semana fronte á posibilidade de xogar o sábado ás 8 da noite a federación diu a súa negativa e polo tanto o partido terase que disputar o domingo a partir das 12 da mañá.

Por outra banda o partido do domigo foi o típico partido de rivalidade onde o Arenteiro B non soupo aproveitar na primeira metade a superioridade numérica frente a un Cea que tan so contaba con 11 homes.
Xabi xogou todo o partido co Xuvenil Joel e diu entrada toda a segunda parte a Abel e 10 minutos a Julián.
Sería Barroso quen ós 15 minutos da segunda se aproveitaría dun erro da zaga do Cea e tras superar por velocidade ó porteiro empurraba a porta baleira facendo o 1-0.
Complicoulle o partido ós filiais a decisión de penalti do árbitro que transformaría Obenza faltando 15 minutos para rematar a contenda, que ademáis traía asociada a expulsión de Gallardo.
Apretando moitísimo o Cea sería de novo unha decisión arbitral a que decretaría un agarrón de Carril a Luis tras unha rápida contra do Arenteiro a falta de 2 minutos o que desnivelaría a balanza tras anotar Javi o 1-2 tamén de penalti.
Pasando moitísimos apuros nos últimos minutos o partido acabaría cunha nova vitoria verde.



Equipo da primeira metade Cea - Arenteiro B

En canto aos adestramentos semanais Cancelas, Javi e Barros siguen tocados e onte martes adestraron Barroso, Fausto, Manuel, Jose e Visi. O próximo adestramento será o xoves ás 8 en Maside.
Os adestramentos co primeiro equipo non son de risa e xa son varios os que se decatan da intensidade e forza dos que intentan gañar un posto no equipo de Romero.
Aquí vos queda unha foto da caricia que recibiu onte Jose.

Os tacos na espiñilla

viernes, 14 de enero de 2011

Cea - Arenteiro o domingo as 4 da tarde

Hoxe venres a partir das 8 e media levarase a cabo o adestramento semanal para preparar a visita ó campo do Cea.
O equipo local non poderá contar con Martinez, Sergio, Varela, Lea, Igor e Jose por sanción.
Pola contra poderá contar con Manuel Caiña e Fausto que adestraron sin problemas o martes e o xoves.

Desta maneira Xabi espera acudir a Cea con Iñaki, Javi, Mikel, Daki, Barroso, Manuel, Gallardo, Fausto, Neira, Visi, Cancelas, Dani Requeixo e Luis, e deberá completar o equipo con 3 xogadores xuvenís.

A sesión de adestramento do venres repartirase entre unha parte xeral co primeiro equipo e unha parte específica de preparación de cada equipo por separado.

Esperemos unha nova vitoria a domicilio e un partido tranquilo ante os últimos acontecementos sucedidos en Cea.

jueves, 13 de enero de 2011

O adestramento do xoves en Maside ás 8

O equipo B adestará esta tarde en Maside ao lado do equipo A a partir das 8 da tarde.
Romero ten pensado facer un partido e contar con 22 xogadores para botar un partido e ir coñecendo e ver a todos os compoñentes do plantel.
Deste xeito e de forma igual co martes os compoñentes do B adestraran combinados cos compoñentes da primeira plantilla.

Con respecto ó partido do fin de semana dicir que 6 serán as baixas por sanción ante o Cea. Ás coñecidas de Martínez e Sergio sumaranse as de Lea, Varela, Igor e Jose.

Por outra banda a ver se se pode contar con Manuel e Fausto que non estiveron no desprazamento ás terras de Coles. No caso de non ser 16 seguramente a convocatoria se complete con xogadores dos xuvenís.

Mañá venres será o último adestramento e a convocatoria para viaxar a terras panadeiras e a expensas da disposición de campo veremos a que hora e en que lugar se levará a cabo. Se non hai novidade o adestramento será na Uceira.

lunes, 10 de enero de 2011

Coles 2 - Arenteiro B 3

O Arenteiro B sobrepúxose ao Coles e as continuas provocacións do árbitro e superou aos locais por 2 a 3 nun partido que se acabou 12 minutos mais tarde do horario e con dous homes menos sobre o campo tras haber sido expulsados Jose e Varela no longo do transcurso da segunda metade.

E a cousa víase vir pois xa aos 15 minutos eran xa 4 os homes cargados con cartón marelo sin haber ningunha xogada violenta e nin siquera faltas ante a incredulidade dos xogadores e seguidores dos do Carballiño.

Olvidándonos desto e con respecto ao partido aos 15 minutos Neira adiantaba aos filiais tras unha das moitas incursións de Cancelas pola banda que se ía unha e outra vez da súa marca.
3 minutos despois empatarían os locais nunha mala saida de Iñaki e ante a pasividade da defensa nun saque de esquina no que o dianteiro local remataba de cabeza sen ningunha oposición.
Lonxe de abatirse os do Carballiño daban a cara e nunha falta botada por Neira era rematada de forma perfecta por Igor libre de marca conseguindo o 1-2 co que se chegaría ao descanso.
O segundo tempo mais do mesmo. O acoso arbitral mermaba aos visitantes e nunha xogada cun pase largo entre a liña defensiva era rematado a pracer polos locais tras o pase hacia atrás dende a liña de fondo.
O Arenteiro contrarrestou ó Coles con pelexa e pundonor e sería Varela nunha forte bolea dende mais atrás do punto de penalti o que conseguiría o definitivo 2 a 3 sufrindo nos últimos minutos coa expulsión de Varela faltando 5 minutos. Aos 10 minutos da segunda parte xa fora expulsado Jose e a esto sumábanselle as lesións de Lea e as sobrecargas de Javi, Neira e Cancelas.

Xabi recompusxo o equipo como poido.Barroso tomaba o lateral dereito, Igor o centro da defensa con Gallardo e Daki o lateral esquerdo. Por diante Mikel, Luis, Visi e Dani que entraron en substitución dos anteriores eran os mais adiantados pero tiveron que axudar a tope para aguantar un partido que empezou ás 4 e que ás 6 e 5 inda non rematara.

Ao final traballada e merecida vitoria dos filiais que da moral e ilusión para a visita do fin de semana que vén a terras panadeiras contra o Cea dos ex-carballiñeses e coñecidos Jonhny, Diego, Rubén I, Jorge, Rubén II ou o recente chegado Diego Sampayo aos que se lle xuntan os coñecidos Carril, Danilo, Fran, Obenza, Victor ou Omar, todo un equipo que mira ao ascenso de categoría.

miércoles, 5 de enero de 2011

Coles - Arenteiro B o sábado ás 16:00

A última xornada da primeira volta disputarase o sábado ás 4 da tarde.
Os enfrontamentos son os seguintes:


O venres haberá un adestramento suave e farase a convocatoria dos 16 xogadores que defenderán a camiseta do Arenteiro contra o Coles co fin de acadar 3 novos puntos contra un rival directo ao que deberiamos gañarlle inda que na súa casa son un rival complicado.

lunes, 3 de enero de 2011

O novo ano escomenzará o Martes para o Arenteiro B

O Martes levarase a cabo o primeiro adestramento do ano en horario habitual de 9 da noite.

O adestramento servirá de toma de contacto e de preparación para o último partido da primeira volta contra o Coles.

Lembremos que o último partido xogado na casa perdeuse por 1 gol a 2 contra o Leiro e que tanto Martínez como Sergio foron sancionados con 5 partidos.

Así desta maneira empezará a andaina do Arenteiro B no 2011 con vistas a salvar a categoría e gañar os máximos partidos posibles.