jueves, 24 de febrero de 2011

O xoves ou en Espiñedo ou na Uceira

O adestramento do xoves levarase a cabo co primeiro equipo ben en Espiñedo se o campo está en condicións e en caso contrario na Uceira.
O cambio débese a que hoxe xoves adestra o Maside no seu campo e o partido que se facía os xoves no Outeiro Grande será trasladado ás instalacións de Espiñedo e en caso de non estar ben o campo á Uceira.

Barra de Miño - Arenteiro B o sábado ás 4 e media

Estes son os horarios do fin de semana:


Con respecto aos adestramentos o martes non se levou a cabo. Se non hai novidade adestrase o xoves en Maside con típico partido e o último da semana será o venres para ver a xente que estamos, preparar o partido  e facer a convocatoria coa xente dispoñible.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Arenteiro B 0 - Crespos 1

  • No partido onde mellor se xogou no que vai de liga o Arenteiro B sucumbía ante un Crespos que quita ante o equipo verde 6 dos 21 puntos que leva e que manda aos filiais ó último posto.
Ás veces discútese se un equipo non xoga a nada, non sabe o que facer, os xogadores son unha banda (cousa que pasou en Arrabaldo), pero este sábado non foi o caso.
O equipo xogou coma nunca, controlou o partido, tocou, disputou pero perdeuse. ¿Por qué?.
Porque desde fai moito tempo o que vale no futbol chámase gol e por desgracia dominar, xogar ben, ter máis posesión non puntúa se ao final do partido o rival ten 1 gol máis ca ti. E eso foi o que pasou, a falta de 10 minutos o Crespos tirou á porta e marcou.
E neste partido coma en moitos outros o Arenteiro B non viu porta. E sen ver porta como máximo só se pode acadar 0-0. Por outra banda é moi difícil manter a portería a 0 e o rival por moi mal partido que faga sempre terá algunha ocasión. E así foi. Os do B fixeron méritos para gañar sobrados e foron superiores pero o marcador ó final dalle os 3 puntos aos de Padrenda que foron capaces de facer un gol. Punto final.
Por outra banda somos de largo o equipo que menos goles leva metidos: 23 goles en 23 partidos e pasamos de ser dos equipos menos goleados a poñernos en postos de Champions.
De todas formas hai que quedarse co lado positivo que é o gran partido que fixeron todos os xogadores este sábado, intentar esquivar a mala fortuna e ir a por todas a Barra de Miño con todo o que esto representa:
  • Campo pequeno de reducidísimas dimensións.
  •  Balóns que se disputan en medio metro
  • Continuos saques de banda e corners en zona de perigo
  • Saques de portería largos dunha área á outra
  • Rivais veteranos e aguerridos
  • Rivais de calidade (38 goles metidos na liga)
  • e un Arenteiro B con gañas de quitar os 3 puntos e sair do último posto.
No seguinte mes o calendario é moi chulo e os rivais son importantes: Barra de Miño - Arnoia - Rúa e Ribadavia. A ver o que somos capaces de quitar.

lunes, 14 de febrero de 2011

Arrabaldo 6 - Arenteiro B 2

O Arenteiro acudía ao campo sintético de Arrabaldo con 13 xogadores e con moitas baixas a causa de estar convocados co equipo de preferente, ademáis dos lesionados Iñaki, Mikel e Lea.
A primeiras o campo de cortas dimensións e moi rápido por mor da choiva caída amosábase propicio para o equipo que estivese mais espabilado e máis listo. E foi aquí onde o Arrabaldo levou o gato á auga metendo goles de maneira moi doada sin apenas oposición ó menos en 4 das ocasións que o balón acabou na rede.
O partido non lle resultou tan doado como indica o marcador pois dun 2-0 o Arenteiro poríase cun 2-1, gol de Javi en saque directo de corner.
Tampouco cando se adiantaron co 3-1 nunha cesión increíble dentro da área ó dianteiro local pois acto seguinte noutro saque de esquina Luis metía o 3-2.
Lonxe de espabilar os erros acumulábanse. O 4º meteríano noutro erro garrafal. Acto seguido e ante a desmotivación caerían o 5º e o 6º, inda que tamén se poido reducir a diferencia se Javi non fallara un penalti que o equipo local provocou cun agarron dentro da área nun corner a favor dos de Carballiño. Nesta ocasión sería o porteiro o que adiviñaría as intencións do central do Arenteiro.
Poucas cousas positivas desta derrota salvo darse de conta que cada un facendo a guerra polo seu lado non consigue nada, que se o compañeiro non disputa e traballa bota abaixo a moral dos que están dispostos a tal feito e que se pode perder por goleada sin problema, simplemente é unha derrota máis, pero eso sí, o fin de semana que vén haberá que gañarlle ao pechacancelas Crespos para escalar de novo postos e sair da zona de descenso.
O 6-2 xa é historia, esta semana toca poñerse en cura (recuperar xente, buscar porteiro, e intentar face a convocatoria co equipo o máis competitivo posible) inda que as lesións síguense acumulando (aos 25 minutos Barroso tivo que abandonar o campo con rotura de fibras).
De seguro que esta derrota é unha mera anécdota da que todos nos acordaremos por moito tempo (houbo goles de risa) pero que a deixaremos atrás moi pronto, este fin de semana ganándolle ó Crespos.

jueves, 10 de febrero de 2011

Arrabaldo - Arenteiro B, o domingo ás 4 e media

Estes son os horarios dos partidos este fin de semana.


Hoxe xoves levarase a cabo o adestramento co primeiro equipo en Maside co típico partido intersemanal no Outeiro Grande a partir das 8 e cuarto.
Mañá o adestramento será na Uceira á hora habitual.
Como novidades este fin de semana non poderemos contar con Varela sancionado con 1 partido. Pola contra Sergio e Martínez poden regresar á convocatoria do fin de semana para visitar ó Arrabaldo se o míster o considera oportuno.

jueves, 3 de febrero de 2011

Arenteiro B - Palmés o sábado ás 7 da tarde

Estes son os horarios do fin de semana.

Os adestramentos antes do partido levaranse a cabo o Xoves en Maside a partires das 8 e cuarto e o venres se non hai novidade na Uceira a partir das 8 e media, inda que para algúns xogadores pode haber modificacións e pode ser que volten a adestrar co Arenteiro A en Espiñedo á hora que se lles avise.

miércoles, 2 de febrero de 2011

1-0, 3-1, 8-0, 20-0 ... e o xeito de como perder

Un futbolista ou aquel que se cree futbolista non pode prometer resultados pero si o seu traballo e compromiso, e eso é o que un adestrador debe reclamar.
A maioría dos futbolistas cando son entrevistados falan de cousas como "debemos seguir trabajando", "tengo que seguir trabajando", "eso solo se consigue con trabajo", "trabajar y trabajar" ..., frases que se escoitan unha e outra vez e que indican o camiño a seguir de calquera rapaz que queira ter aspiracións de deportista.
É misión do xogador de futbol traballar dende o minuto 1 ata o último minuto de desconto, e intentar que sexa coa mesma intensidade. Esto é imposible se o futbolista non está nas mellores condicións.
Cando as cousas saen tan ben que hai goleada hai unha recompensa extra e cando as cousas saen mal e o equipo cae goleado o xogador debe quedar contento porque polo menos fixo o que poido. Non hai ningunha desonra nelo, ao contrario, a súa actitude é admirable.
Esta é unha das razóns polas que da igual perder 1-0, coma 3-0, coma 20-0, e sobre todo en equipos filiais e en categorías base donde prima a formación.
Se a xente cree que sen adestrar en equipo pola semana como sería o ideal, que divertíndose os sábados pola noite e xogando as vésperas dos partidos o seu rendemento é óptimo está no seu dereito, pero é unha idea totalmente equivocada.
En Velle houbo xente que tén que estar moi contenta do seu traballo e do feito no terreo de xogo, da súa entrega e da súa labor. Esta xente é a que lle interesa a un equipo e a calquera adestrador.
Por suposto tamén haberá xente que estará descontenta porque se perdeu 3-1.
Se non se perdeu por mais goleada (... que se nos meten 8 non pasa nada!) foi grazas a dúas cousas: o desatino do equipo rival e o esforzo de moitos dos compañeiros que acabaron esgotados o partido entre os que hai que meter aos xuvenís e a xente que non é habitual no once titular.
Así que o mínimo que hai que ter sobre eles é respeto e a mais humilde admiración.
Aos que fan comentarios é labor dun adestrador animalos a que dean exemplo, traballen e o demostren. Cando así sexa seguramente todos teñan en conta as súas opinión. Mentras tanto a máis absoluta indiferencia e recordarlles que un equipo o somos todos e que xa temos bastantes problemas coma para furgar en tonterías e pataletas de nenos cando todo está perfectamente dito e falado.
A ninguén se lle obriga a estar nun equipo, pero se está que sexa para dar exemplo e defender os colores dende o traballo.
Espero que a cousa quede clara pois agora toca traballar contra o Palmés. Se a cousa sae ben gañaremos e se a cousa sae mal e perdemos esperamos que estedes todos orgullosos por dar todo o que levades dentro.

martes, 1 de febrero de 2011

Velle 3 - Arenteiro B 1

Boa imaxe a dada na primeira parte contra o Velle. Inda que o equipo viaxaba xusto e con 3 xuvenís  fixo un bo traballo e pelexou contra un equipo candidato ao ascenso que se aproveitou de dous erros de marcaxe nun saque de banda e nunha falta ao borde da área para conseguir irse ao descanso cun 2 a 0.
Inda que se prevía unha segunda parte moi difícil con Iñaki lesionado o equipo, no que tiveron entrada os 3 xuvenís, foi quen de acadar un gol e non ser superado por un Velle que amosou todo o seu potencial para estar arriba e acadar o ascenso de categoría.
O Velle poríase co 3 a 0 na metade da segunda parte e o gol visitante sería conseguido por Dani Requeixo, o segundo no seu casilleiro particular, a falta de 5 minutos para o remate.
En canto aos xuvenís destacar que Joel voltou a xogar todo o partido, Abel toda a segunda metade e Julián os últimos 30 minutos. Dani entraría faltando 15 e conseguiría o gol a falta de 5 minutos para o remate.
Xabi alineou a Iñaki, Joel, Daki, Jose, Javi, Varela, Barroso, Cancelas, Luis, Neira e Visi.
Na metada sairía Abel por Cancelas e máis tarde Julián e Dani por Visi e Luis respectivamente.
Inda que a ninguén lle gusta perder hai maneiras e maneiras de afrontar un partido. O equipo foi bastante mermado a xogar contra o Velle e é nos momentos difíciles cando se pode ver a categoría dos xogadores de das persoas. O equipo traballou dabondo e moitos dos xogadores deron todo e moito máis do que nos teñen acostumbrados. Ese é un bo camiño e un exemplo a seguir.
Tamén fai falta felicitar e agradecer o participación dos xogadores xuvenís que están aportando tanto coma a xente do Arenteiro B e sen os cales non iríamos nin 11 a certos partidos. Os rapaces ata agora veñen, cámbianse, fan o que saben e intentan cumplir da mellor maneira posible sendo un exemplo a seguir de entrega, educación e vontade.
Contra o Velle era previsible perder e sucedeu, e o equipo inda ha de perder moitos partidos máis contra rivais fortes que quedan por xogar.
Agora ben, os dous seguintes partidos (Palmés e Santa Cruz) serán vitais para conservar a liña que ascendente que o equipo empezou a principio do  ano e que debe manter se desexa alonxarse dos postos que acarrean descenso. Lembremos que na primeira volta os dous partidos acabaron en empate.

Para despedir esta crónica tiremos do refraneiro español, fagámoslle caso e apliquémolo ao fútbol:
  • En cualquier trabajo u obra el que no ayuda estorba
  • Hace más el que quiere que el que puede
  • El que algo quiere algo le cuesta
  • Por el trabajo llegan arriba los que están abajo.
O outro día contra o Velle realmente houbo xente que fixo moi ben  o seu traballo.
Por suposto, sempre haberá xente que lle aplicará a esto "por un oído me entra y por otro me sale". Tendo esto en conta e contando con todos esta semana toca gañar.