martes, 15 de marzo de 2011

Rúa 4 - Arenteiro B 1

Partidazo do Arenteiro B na primeira parte na Rúa adiantándose no marcador 0-1 no minuto 40 que serían 0-2 se Fausto 5 minutos antes estivese máis acertado e non tirase a porta valeira contra o seu compañeiro Martínez ó que derribaron na xogada.
O Arenteiro B tuteou e pelexou contra un Rúa que non atopaba maneira nin acerto de marcar ante a defensa e cun Pablo bastante seguro.
Pero outra vez de novo un rigurosísimo penalti coa conseguinte expulsión de Lea nos minutos de desconto da primeira metade fixeron que o resultado no descanso fose un 1-1.
Na segunda parte cun home menos e cun Arenteiro B que se veu abaixo polas continuas decisións arbitrais e tamén pola acumulación de cansancio e falla de efectivos abríronlle as portas ó Rua que conseguía o 2-1 aos 15 minutos da reanudación.
Baixos de moral e forzas Xabi deu entrada a Abel, Sergio e Visi pero o Rúa non deu opción e en dúas novas chegadas conseguía o definitivo 4-1 nos minutos 30 e 42.
Moi boa actitude pero tocou de novo pelexar contra muiños de vento.
Con respecto ao Rúa un equipazo en todas as súas liñas inda que en defensa tiveron que traballar arreo, sobre todo na primeira metade.
O Arenteiro conseguio o mellor gol da tempada, presionando e roubando o balón. Martínez aguantou e deixoulle a Fausto un balón na banda que foi centrado de forma perfecta para que Neira rematase de cabeza dende o medio da área grande libre de marca por toda a escadra levantando incluso algún aplauso do público local e a conseguinte  desconfianza de se o equipo que estaba xogando era o último clasificado da categoría.
Pero por desgracia outra vez de novo o resultado final foi o mesmo. Bo fútbol pero 0 puntos mentres durou a gasolina.
Este fin de semana nova oportunidade de puntuar contra un Quins que ven de perder na casa co Maside.

viernes, 11 de marzo de 2011

Desprazamento á Rua as 2 da tarde

O domingo o Arenteiro B desprazarase á Rúa ás 2 da tarde para disputar o partido ás 5 e regresará de volta sobre as 9 da noite.
Despois dos adestramentos semanais do martes e o xoves co primeiro equipo hoxe levarase a cabo a derradeira sesión e verase cales serán os homes de partida e os xuvenís que viaxarán ás terras da Rúa o domingo.
Por outra banda un gran paso atrás a semana pasada coa derrota contra o Arnoia e cos resultados dos demais rivais.
A cousa ponse moi difícil e inda que o equipo está dando a cara o importante son os goles e tamén non encaixalos. Visto o das últimas semanas e o do sábado pasado será moi difícil gañar os partidos se seguimos regalando goles e os fallos, uns por mala sorte e outros por falta de tensión nos partidos, fan que o equipo teña que marcar moitos, cousa todavía mais dificil vendo o potencial ofensivo que amosamos nesta liga onde ninguén da metido goles.
Se pensamos nos fallos que levamos tido dende a visita a Santa Cruz os goles encaixados por fallos son considerables e o outro día xa foi o colmo meténdonos goles a nós mesmos.
De tódolos xeitos o equipo xoga ben e non é inferior aos demáis pero neste xogo se non metes 1 gol máis co contrario ou empatas con el a goles por desgracia non puntuas.
A ver que tal sae todo na Rúa, partido dificilísimo contra un dos candidatos ao ascenso e posiblemente o equipo que mellor futbol faga da categoría con xogadores expertos e contrastados que ademais poñen moitas gañas para quitar os partidos adiante.

viernes, 4 de marzo de 2011

Hoxe adestramento na Uceira

Antes de recibir este sábado ó Arnoia hoxe levarase a cabo o adestramento do venres para facer a convocatoria e ver con cantos xuvenís poderemos afrontar o partido de mañá que será ás 7 da tarde.
Son baixas por sanción Gallardo e Fausto. A estes hai que engadirlle a convocatoria de Cancelas co primeiro equipo. Xabi ten tamén confirmadas varias ausencias máis.
Así deste xeito tendo en conta os xogadores que xogaron en Barra de Miño abrese un abano de posibilidades de que varios xogadores do xuvenil enchan a convocatoria e incluso sexan titulares no partido de mañá.
En referencia ó partido de Barra de Miño pouco que dicir pois ó ir sen porteiro Martínez foi asignado para tal posto e tras a lesión de Sergio e a expulsión de Gallardo no que o Barra de Miño se puxo tras lanzar un penalti con un 2-0 aos 12 minutos de xogo, pouco podería facer o equipo filial.
Tras o descanso Xabi da entrada a Lucas, Julián e Mociño e o Arenteiro aguanta o 3-0 ata faltando 5 minutos de partido onde o Barra de Miño volta a conseguir 2 goles mais.
Bo traballo dos rapaces do xuvenil e dos demáis compañeiros que quedaron no campo nun partido que se puxo costa arriba moi cedo e no que o Barra de Miño gañou fácil eso sí coa permisividade do señor colexiado que lle concedeu 3 goles en claro fóra de xogo. Pero eso é outro cantar.