sábado, 30 de octubre de 2010

Que ven o Rúa!!!

O domingo ás 12 da mañán poderemos ver a un dos equipos que está chamado para o ascenso. De feito, inda que os comezos non foron nada bos o equipo do val do Sil foise sobrepoñendo e xa está amenazando os postos de ascenso na cima da táboa clasificatoria.
Na súa idea está vir buscar os 3 puntos a Carballiño ante un Arenteiro B que non da arrancado, por moito que nos pese a todos.
O equipo está á espera de acadar adiantarse no marcador e conseguir levarse 3 puntos na casa despois de 7 xornadas sin coñecer a vitoria, con 3 empates a 0, dous a domicilio contra o Palmés e a semana pasada contra o Arnoia, e un na casa contra o Arrabaldo, inda que ben calquera dos 3 poido acabar con vitoria dos verdes.
Xabi convocou para o partido as 11 da mañán na Uceira a Iñaki, Pablo, Daki, Gallardo, Moisés, Lea, Martinez, Barroso, Cancelas, Mikel, Varela, Neira, Luis, Visi, Adrián e Dani Requeixo.
E novidade na convocatoria a aparición por primeira vez de Varela, que sae da súa lesión. Destaca este fin de semana a falta de Igor, Javi e Barros que van co primeiro equipo, a de Fausto por compromisos persoais e as de Rodrigo, Rubén, Barroso e Sergio por decisión técnica, pero xa se sabe, nunha plantilla de 24 cada semana irán quedando uns e outros, intentando que o equipo se resinta o menos posible.
O equipo verde deberá estar moi atento, pelexar e aproveitar as súas ocasións se dunha vez por todas quere quitar algo positivo. Diante terá un equipo experimentado, que vén doutra categoría e que xoga moi ben o balón buscando ó seu dianteiro centro que é un dos mais destacados do equipo.
Esperemos que dunha vez por todas o equipo teña un bo día e que o domingo o plantel poida ir a comer contento e con 9 puntos na clasificación (hai que chimpar a todos os grandes!!).

jueves, 28 de octubre de 2010

Arenteiro B - Rúa, o domingo as 12 da mañán

O Arenteiro recibirá ó Rúa o domingo na Uceira no encontro que se celebrará a partir das 12 da mañán.
E a primeira vez neste ano que se pon un partido en domingo, e ante a imposibilidade de xogalo o sábado debido aos partidos da escola que se celebrarán durante toda a tarde e as altas horas que implicaría disputar o partido de noite, acordouse poñer o partido o domingo pola mañán.
O resto de partidos son os que podedes ver no seguinte cadro:

O Rúa, do que todos din que é o equipo que mellor xoga da categoría chega como 4ª clasificado da táboa con 15 puntos. Tan so leva un partido perdido e no resto de enfrontamentos leva acadado 4 vitorias e 3 empates.

domingo, 24 de octubre de 2010

Arnoia 0 - Arenteiro B 0

Novo punto conseguido fora da casa no campo do Arnoia e 3º empate no que vai de liga.
Onte foi unha boa oportunidade para acadar a primeira vitoria fóra da casa pero a falta de acerto impediu que o filial acadase os 3 puntos.
O partido tivo duas partes moi diferenciadas e haberá que buscar a explicación de como se pode estar tan centrado e ben na primeira e tan desorganizados, desorientados e peor no segundo tempo, incluso con posibilidades de perder o partido nos últimos quince minutos xogando contra dous homes menos. Fallos nos cambios?, falta de implicación dos xogadores?, confianza contra 2 homes menos?, o que está claro e que onte non se perdeu de casualidade, anque eso si, na primeira parte o resultado normal sería un 0-3, sin quitarlle méritos ó Arnoia que se plantou bastantes veces diante da porta onte defendida por Iñaki. Entre elas podemos citar un tiro ó longueiro e varios remates que os dianteiros locais tiraron bastante desviados, pero que con outro rival e noutras circunstancias acabarían entrando, e dende logo, o sábado que vén o Rúa non vai a fallar.
De inicio sairon a xogar Iñaki, Lea, Gallardo, Javi, Daki, Rodrigo, Igor, Fausto, Neira, Martínez e Cancelas.  No descanso entraron Luis e Rubén nas posicións de Neira e Fausto. No transcurso da segunda metade Visi substituiu a Rodrigo, Dani Requeixo a Cancelas e Sergio a Martínez.
A primeira parte foi ben xogada polos do Carballiño, gardando ben en defensa, desprazando o balón e facendo algunha xogada combinada nun campo que non permitía xogar ó futbol. Froito desto tanto Cancelas como Neira poideron acadar algún gol pero unhas veces o porteiro e outras a defensa quitaban os balóns de debaixo dos paus.
O Arnoia xogaba futbol directo e a pelexa era constante. Inda así costoulle tirar entre os 3 paus e Iñaki na primira metade non tivo traballo salvo o remate dun corner que se colaba cara o interior xusto antes de irse ó descanso.
Xabi viu cansados a Neira e Fausto e diu entrada a Luis e Rubén, pero a cousa non funcionou. O partido iba a peor. O Arnoia chegaba con máis facilidade e no centro do campo non se impoñía o xogo da primeira parte dos filiais. Martínez e Rodrigo empeñáronse en pelexas particulares, Igor e Daki estiveron desaparecidos, a Cancelas non lle chegaban balóns e atras Javi, Gallardo e Lea bastante desconcertados non atinaban a parar as avalanchas do xogo do Arnoia. Nas bandas Rubén e Luis non entraban en xogo e non houbo ningunha chegada. As posicións eran as mesmas pero o xogo e a chegada arriba nulas.
Para maior vantaxe o Arnoia quedaría sen dous dos seus xogadores faltando uns 10 minutos pero anque Xabi pedía tranquilidade, xogar máis a pelota e entrar dende atrás debido á superioridade o descontrol era total e non se diu feito ningunha das cousas, salvo  dous contragolpes no que se pudo marcar. No primeiro Martínez e Cancelas fan unha bonita xogada e o remate despéxao o porteiro. No segundo sería un tiro de Dani Requeixo que o porteiro despexaba coas rodillas.
Inda así esto foi demasiado pouco na segunda parte e o Arnoia con 9 poñía en serios apuros a área do Arenteiro. O Arnoia entraba por arriba, tamén con paredes, forzaba corners e tamén faltas ó borde da área facendo supoñer neste caso o peor, a pérdida do partido.
Por fortuna, o largueiro en primeiro lugar e dúas boas intervencións de Iñaki fixeron que o marcador quedase co resultado inicial: Arnoia 0 - Arenteiro B 0.
Os números cantan, pero inda así de 8 partidos tan só nos diron gañado 4 equipos, o malo e que dos outros 3, 1 victoria e con este 3 empates. Falta gañar algo máis. Tocaralle ser contra o Rúa.

sábado, 23 de octubre de 2010

A artillería do Arnoia poñerá a proba a defensa do Arenteiro

Difícil traballo lle toca hoxe ó filial do Arenteiro en terras de Arnoia.
O Arnoia é un equipo que na clasificación está 1 punto por riba dos de Carballiño pero a igual co equipo verde a súa clasificación é bastante engañosa. O seu potencial en ataque é moi bo, 14 goles a favor, cousa que é preocupante. A favor do equipo verde está que levan encaixado 5 goles mais cos visitantes o que fai a media de goles encaixados do Arnoira de mais de 2 goles recibidos por partido. No casilleiro levan 6 puntos, pero inda así estan por enriba anque teñan perdido un partido máis, en concreto dos 7 xogados non levan acadado puntos en 5, pero gañaron un partido máis cos da vila do Arenteiro.
Con estes números o partido desta tarde antóxase moi importante para os dous equipos, en especial para o Arenteiro que despois terase que enfrontar ó Rúa, Quins e Ribadavia.
Xabi convocou a 17 xogadores e posiblemente Pablo Chopo non poderá participar debido a que acarrea problemas de gripe e non adestrou en toda a semana.
Deste xeito están convocados ademais de Pablo, Iñaki, Lea, Daki, Gallardo, Javi, Igor, Dani Requeixo, Fausto, Rodrigo, Visi, Martínez, Rubén, Luis, Neira e Sergio.
A expedición sairá de Espiñedo ás 3 e cuarto da tarde. Esperemos que a viaxe sexa positiva e mañá nos despertemos con 8 puntos.
Aquí tendes os números dos 2 equipos:

viernes, 22 de octubre de 2010

Arnoira - Arenteiro, o sábado ás 5 da tarde

O venres á tarde levarase a cabo o último adestramento antes do partido contra o Arnoia que a federación puxo para as 5 da tarde do sábado.
Xabi inda non saberá se poderá contar co completo do plantel e onte xoves tan só Mikel, Visi, Rodrigo, Adrián, Dani Reque, Fausto e Luis acudiron ó adestramento facendo traballo físico, tiro a porta e participando no partido dos xoves contra o Arenteiro A.
Tampouco saberá se poderá contar con Igor debido ás molestias que acarrea.
Deste xeito na noite do venres farase a convocatoria para ir a buscar os 3 puntos nun campo pequeno, de terra e contra un rival complicado, o Arnoia, que desexa sair dos últimos postos da clasificación. Esperemos que o equipo atope porta e empece a remontada agora que empezarán a vir os equipos da zona alta da táboa clasificatoria.
O partido do Arnoia - Arenteiro e o único adiantado á xornada do sábado.
O resto de horarios son estes:

domingo, 17 de octubre de 2010

Arenteiro 1 - Barra de Miño 3

Os últimos 25 minutos da segunda metade forónlle suficientes ó Barra de Miño para levarse os 3 puntos e meter de novo unha goleada ó Arenteiro B que fixo os mellores primeiros 70 minutos dos  partidos que van de liga.
O malo é que eso non chega e un erro de concentración e de non estar metidos no partido nunha xogada que previamente xa acabara en gol acabou por desarbolar todo o bo traballo que o equipo levara feito ata ese momento.
De inicio sairon no once inicial Iñaki, Daki, Igor, Lea, Moisés, Javi, Fausto, Cancelas, Visi, Martínez e Gallardo.
O equipo empezou plantándolle cara ó Barra de Miño e levou o peso e o control total do partido entrando por ambas bandas e triangulando moi ben o balón. A pelexa era constante pero coma outras tantas veces non se diu acadado o gol. O Arenteiro atacaba e chegaba con facilidade á área provocando varios corners e xogadas perigosas. A máis clara foi un pase recibido por Visi que solo na área e sen marcaxe tiraba ás mans do porteiro visitante. O Arenteiro estaba a xogar ben e incluso arrancou algúns aplausos da grada.
No descanso Igor pediu o cambio por lesión e no seu lugar entrou Mikel. Javi baixou a postos de central, Moisés á banda esquerda e Mikel ó sitio de Javi.
Nun principio a saída do campo por lesión de Igor e os cambios de posición dalgúns xogadores non deberían ser motivo suficiente para o baixón que diu o equipo, sen embargo unha xogada desafortunada, sen complicacións de ningún tipo en circunstancias normais, acabaría dándolle o 1-0 os visitantes e acabando coas esperanzas e coa moral dos locais.
Xabi buscou alternativas pero á verdade e que non sairon nada ben. O cambio de banda de Fausto e Cancelas buscaba a entrada do primeiro nunha frouxa banda dereita contra un lateral amonestado pero esta non se produxo. Pouco a pouco o cansancio dos xogadores aparecía e Martínez e Gallardo non se deixaban ver.
O desenlace escomenzaría mediada a segunda metade. Froito dunha decisión arbitral os locais pensan que hai unha falta é a favor, pero Cristian, o dianteiro visitante aproveita para tirar á portería coincidindo con Iñaki atando unha bota e arreglándose as medias. Así de sencillo. O propio Iñaki pudo tocar a bola, pero esta entrou botando mansamente na portería.
A partires de ahí desconcerto local e máis do mesmo. O que non dera feito o Barra de Miño en 70 minutos conseguíao en 15, poñéndose 0-3 no marcador. O seu xogo serio e con xogadores veteranos moi ben posicionados acababa impoñéndose.
Luis que entrou en substitución de Fausto entrou moi ben varias veces pola banda pero os seus centros e os seus remates non tiveron éxito. Adrián tamén estivo ben e nos poucos minutos que xogou deixou destellos de calidade pero sen profundiade. O último cambio foi Requeixo que entrou por Martínez.
O Arenteiro intentouno en varias ocasións e nun pase perfecto de Adrián a Dani Requeixo é aproveitado por este para meter o definitivo 1-3. Antes desto o árbitro anulou un gol por fora de xogo ó propio Dani nun bo disparo de Mikel que pillou desprevenido ó porteiro.
Toda unha historia que acaba de novo en derrota, cun bo partido do Arenteiro pero cun final fatal no que a inocencia, falta de concentración e pouca intensidade mataron ó equipo verde que non mereceu tal castigo pero, o futbol é así.
Toca reaccionar canto antes.

viernes, 15 de octubre de 2010

Arenteiro B - Barra de Miño, sábado ás 7 da tarde

Novo partido de liga tras a xornada copeira do 4-1 contra o Cidade das Pontes.
Tras o adestramento do Xoves no que os rapaces adestraron a medias co equipo de Preferente (houbo tiros e un pequeno partido) hoxe venres haberá nova convocatoria para o partido contra o Barra de Miño.
Os de Ourense virán a quitar os 3 puntos para estar tranquilos na táboa despois de haberlle gañado a semana pasada ó Maside por 1-0 (cousa que non puderon repetir na copa pois perderon por 0-1 con gol de Paco).
O Barra de Miño ten homes moi corpulentos, un central que dirixe o xogo dende atrás e unha forma de xogar moi agresiva (... outra vez tocará pelexar para gañar senón nada de nada).
No equipo filial son baixas seguras a día de hoxe Rodrigo e Barroso. Haberá que esperar á noite para ver quenes do primeiro equipo son da partida de Xabi e cal erá a convocatoria.
O ánimo está bastante baixo debido á posición que se ocupa na táboa (recordemos que hoxe somos os 3ºs peores de toda a competición) e esperamos que os rapaces den quitado o partido de mañá adiante para empezar a verdadeira remontada cara os postos de arriba.
Os últimos partidos non foron bos en xogo pero mañá sábado toca romper esta racha. Esperemos que mañá nos deitemos con 8 puntos.

domingo, 10 de octubre de 2010

Padrenda 4 - Arenteiro B 1, Catacrash!!!!

Nun moi mal partido o Arenteiro B sufriu unha forte derrota contra o equipo de Padrenda.
A dúbida que existía era se o equipo era capaz de impoñerse mantendo unha boa defensa ou se pola contra este traballo defensivo de manter a portería a 0 goles se viría abaixo algún día. Por desgracia sucedeu a segunda cousa, nos primeiros 45 minutos nin atisvo de ocasións sobre a portería rival mentras que en defensa o equipo non tiña un día afortunado. Así, sin comelo nin bebelo o equipo chegou ó descanso cun 2 a 0 no marcador.
Inda que se arriscou na segunda metade, na que Xabi fixo todos os cambios no descanso, cunha defensa de 3 homes, 4 en medio campo e 3 arriba e se conseguiu acorralar ó Padrenda metendo o 2 a 1 e con un man a man de Fausto que podería supor o empate, o equipo falto de moral veuse abaixo tras pitar o 2º penalti en contra. Un pouco máis adiante coa expulsión de Rodrigo as cousas poñíanse máis difíciles. Inda así o Padrenda quitou un balón de debaixo dous paus que podería supoñer o 3-2, pero o balón non entrou.
Nas postrimerías do encontro outro fallo de marcaxe da zaga á altura do medio campo deixou nun man a man do dianteiro do Padrenda contra Iñaki que acertou a meter. Sería o 4-1 e a sentenza do partido.
Na primeira parte xogaron Iñaki, Daki, Lea, Javi, Gallardo, Sergio, Fausto, Rodrigo, Adrián, Neira e Visi. No descanso entraron Rubén, Mikel, Dani Requeixo e Luis en substitución de Lea, Sergio, Visi e Adrián.
Perder coma onte non é nada agradable nin bonito. A priori o Crespos era un equipo que en cinco partidos estaba por debaixo na táboa. Inda así foi tremendamente superior e moito máis efectivo ca o Arenteiro, que parece non querer correr, disputar os partidos e poñer a intensidade que hai que poñer se se queren sacar os 3 puntos. O equipo de onte comparado co equipo que xogou contra o Cea, Ribeiro ou Velle non se parece en nada e bótase en falta xente que loite e dispute cada balón no campo, cousa que tampouco garantiza o éxito pero é o mínimo que se pode esixir nun equipo filial.
Hoxe por hoxe non somos inferiores a ningún rival pero o que está claro e que este camiño leva cara os postos reales dos últimos clasificados. Calquera rival que se plante no campo e pelexe un pouco será capaz de meternos 4 goles tal e como se viu en Padrenda.
Esta falta de intensidade é o que preocupa nestes momentos á directiva e ó corpo técnico que intentará sair do paso xa este martes ás 11 e media da mañán no partido da copa deputación en Seixalvo.
Outro cantar será o fin de semana que ven contra un dos bos equipos de segunda autonómica, o Barra de Miño. Ogallá consigamos mellorar, seguro que sí.

sábado, 9 de octubre de 2010

Padrenda - Arenteiro ás 5 da tarde

A expedición do filial sairá cara terras de Padrenda ás 3 e cuarto da tarde para disputar o partido que a federación colocou en horario das 5.
Despois do último adestramento do venres onde se levaron a cabo xogadas de ataque e un pequeno partidiño Xabi convocou para este partido a Iñaki e Chopo, Lea, Javi, Gallardo, Daki, Adrián, Luis, Dani Requeixo, Mikel, Fausto, Rodrigo, Sergio, Visi e Neira.
O obxectivo será acadar a primeira vitoria fóra da casa e ver se de unha vez por todas o equipo da atopado portería e quitado o partido adiante. Recordemos que os resultados ata agora foron 2-1 do Ribeiro-Arenteiro e 0-0 contra o Palmés. O ideal sería acadar a primeira vitoria.
Esperemos que os rapaces anden finos cara o gol e siga habendo esa seriedade defensiva que fai que o equipo sexa nestes momentos o menos goleado da categoría.

miércoles, 6 de octubre de 2010

O adestramento do venres será ás 8 e media.

Media hora queda adiantado o adestramento na véspera do partido contra o Padrenda. Deste xeito o adestramento do venres levarase a cabo a partires das 8 e media da tarde.
Con respecto os adestramentos semanais o equipo xa fixo as dúas sesións de adestramento de martes e mércores. Esta semana non se adestra o xoves debido a que o equipo A levará a cabo un adestramento a todo o campo e Mindo e Xabi puxéronse de acordo nesta cuestión.
O martes e o mércores adestrouse con normalidade a espera do derradeiro adestramento e de ver como Xabi casa a seguinte convocatoria na que hai que desprazarse a Padrenda, un partido que se antoxa coma todos, bastante complicado.
O martes adestraron 7 xogadores e o mércores 4. O venres esperase contar con todo o plantel.

Tal e como indica a federación o partido será o sábado a partir das 5 da tarde.

domingo, 3 de octubre de 2010

Arenteiro B 0 - Arrabaldo 0

Un punto máis o acadado polo equipo filial ante o Arrabaldo de Santa Cruz no partido adiantado á tarde do sábado e disputado na Uceira ás 7 da tarde.
Despois do empate ante o Palmés o Arenteiro quería quitar unha nova vitoria na casa pero o infortunio e a falta de acerto non permitiron de novo a consecución de goles. O Arenteiro pudo haber metido algún en varias ocacións pero unha e outra vez ninguén daba acertado coa portería visitante. Polo outro bando o Arrabaldo nunca lle perdeu a cara ao partido e tamén dispuxo de un par de ocasións moi claras que puderon decantar o resultado ao seu favor, pero tamén errou nos metros finais.
O partido rematou co resultado inicial de 0-0 e os equipos non moi contentos porque puderon ambos declinar o resultado ó seu favor.
O equipo verde alineou a Pablo, Daki, Igor, Moisés, Lea, Rodrigo, Barroso, Rubén, Luis, Neira e Sergio. Na metade da primeira parte a lesión de Barroso diu entrada a Visi e xa no segundo tempo Barbosa ocupou o sitio de Rubén e Dani o de Luis.
En canto ó partido duas partes moi diferentes. Na primeira o Arenteiro non soupo facer o seu futbol e as mellores ocasións foron para os visitantes que dominaron a parcela do medio do campo.
Tras o descanso o escenario cambiou e os de Xabi dominaron o partido completamente pero non se diron materializados as ocasións. O equipo triangulou máis e fixo bo futbol pero non foi suficiente para inagurar o marcador. O Arrabaldo defendeuse e lanzou varias contras que levaban moito perigo á meta de Pablo.
Ó final reparto de puntos e o Arenteiro acada así o primeiro empate na casa:  1 ganado, 1 empatado e 1 perdido. Colócase na táboa de clasificación con 5 puntos dos 15 que se levan disputado.
Esperemos que canto antes se poidan sumar de 3 en 3. O camiño visto na segunda parte é un bo camiño. Agora o que falta é atinar cara a portería rival.

Foto do Arrabaldo quitada da súa páxina web