domingo, 17 de octubre de 2010

Arenteiro 1 - Barra de Miño 3

Os últimos 25 minutos da segunda metade forónlle suficientes ó Barra de Miño para levarse os 3 puntos e meter de novo unha goleada ó Arenteiro B que fixo os mellores primeiros 70 minutos dos  partidos que van de liga.
O malo é que eso non chega e un erro de concentración e de non estar metidos no partido nunha xogada que previamente xa acabara en gol acabou por desarbolar todo o bo traballo que o equipo levara feito ata ese momento.
De inicio sairon no once inicial Iñaki, Daki, Igor, Lea, Moisés, Javi, Fausto, Cancelas, Visi, Martínez e Gallardo.
O equipo empezou plantándolle cara ó Barra de Miño e levou o peso e o control total do partido entrando por ambas bandas e triangulando moi ben o balón. A pelexa era constante pero coma outras tantas veces non se diu acadado o gol. O Arenteiro atacaba e chegaba con facilidade á área provocando varios corners e xogadas perigosas. A máis clara foi un pase recibido por Visi que solo na área e sen marcaxe tiraba ás mans do porteiro visitante. O Arenteiro estaba a xogar ben e incluso arrancou algúns aplausos da grada.
No descanso Igor pediu o cambio por lesión e no seu lugar entrou Mikel. Javi baixou a postos de central, Moisés á banda esquerda e Mikel ó sitio de Javi.
Nun principio a saída do campo por lesión de Igor e os cambios de posición dalgúns xogadores non deberían ser motivo suficiente para o baixón que diu o equipo, sen embargo unha xogada desafortunada, sen complicacións de ningún tipo en circunstancias normais, acabaría dándolle o 1-0 os visitantes e acabando coas esperanzas e coa moral dos locais.
Xabi buscou alternativas pero á verdade e que non sairon nada ben. O cambio de banda de Fausto e Cancelas buscaba a entrada do primeiro nunha frouxa banda dereita contra un lateral amonestado pero esta non se produxo. Pouco a pouco o cansancio dos xogadores aparecía e Martínez e Gallardo non se deixaban ver.
O desenlace escomenzaría mediada a segunda metade. Froito dunha decisión arbitral os locais pensan que hai unha falta é a favor, pero Cristian, o dianteiro visitante aproveita para tirar á portería coincidindo con Iñaki atando unha bota e arreglándose as medias. Así de sencillo. O propio Iñaki pudo tocar a bola, pero esta entrou botando mansamente na portería.
A partires de ahí desconcerto local e máis do mesmo. O que non dera feito o Barra de Miño en 70 minutos conseguíao en 15, poñéndose 0-3 no marcador. O seu xogo serio e con xogadores veteranos moi ben posicionados acababa impoñéndose.
Luis que entrou en substitución de Fausto entrou moi ben varias veces pola banda pero os seus centros e os seus remates non tiveron éxito. Adrián tamén estivo ben e nos poucos minutos que xogou deixou destellos de calidade pero sen profundiade. O último cambio foi Requeixo que entrou por Martínez.
O Arenteiro intentouno en varias ocasións e nun pase perfecto de Adrián a Dani Requeixo é aproveitado por este para meter o definitivo 1-3. Antes desto o árbitro anulou un gol por fora de xogo ó propio Dani nun bo disparo de Mikel que pillou desprevenido ó porteiro.
Toda unha historia que acaba de novo en derrota, cun bo partido do Arenteiro pero cun final fatal no que a inocencia, falta de concentración e pouca intensidade mataron ó equipo verde que non mereceu tal castigo pero, o futbol é así.
Toca reaccionar canto antes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario