viernes, 23 de julio de 2010

Dudas nas datas de inicio

Parece ser que as datas de copa deputación do 21-22 e 28-29 solo afectan aos equipos de 3ª autonómica e que o primeiro partido oficial será o de liga na xornada do 5 de Setembro.
Por un lado deixa máis tempo para que se poda conxuntar o equipo e coñecer o desenvolvemento dos xogadores en distintas posicións, por outro modifica de certa maneira o calendario de pretempada ao ter moito máis tempo e fins de semana para planificar distintos partidos amistosos.
O máis seguro é que se fagan polo menos 5 partidos de pretempada. A idea de Xabi é de xogar contra equipos de maior categoría coma Amoeiro, Francelos e Ramirás e algún contra equipos de menor categoría (Salamonde, Piñor ...) pero as datas están inda sen confirmar polos motivos que antes comentamos (inda non se sabe de forma fixa cando inicia a competición).
Os partidos levaríanse a cabo os mércores na Uceira, único día no que o Arenteiro B dispón do campo completo e os fins de semana intentando non coincidir cos partidos do primeiro equipo. Se hai desprazamentos os partidos serán na casa do equipo rival.
Esperando concretar as fechas o plantel está citado para o martes día 3 ás 9 menos cuarto no Espiñedo para ter a primeira toma de contacto e arrancar a pretempada.
Xabi espera contar con xogadores que quedan do ano pasado do Arenteiro B, con xogadores que saen dos xuvenís, con xogadores que foron algún día da escola de fútbol e con outros máis fichaxes de rapaces menores de 23 anos que están dispostos a gañarse un posto e defender a camiseta do Arenteiro.
De confirmarse a nova de non participar na copa deputación nesta primeira fase a pretempada confórmarase polo tanto con bastantes adestramentos e moitos partidos amistosos.

miércoles, 14 de julio de 2010

Configurados os grupos de competición

Ó final o Moreiras xogará no grupo 9.
A Federación Galega de Fútbol proporcionou a composición dos grupos de Preferente, 1ª, 2ª e 3ª autonómica.

Deste xeito os equipos que participan no noso grupo serán:
• LEIRO C.F.
• CRESPOS DE PADRENDA C.F.
• SOC. ATL. BARBANTES
• LOÑOA C.F.
• C.D. ARENTEIRO “B”
• ATLETICO ARNOYA
• C.D. BARRA DE MIÑO
• C.F. QUINS
• RIBEIRO F.C.
• RIBADAVIA ATLETICO
• C.D. VELLE
• C.D. COLES
• S.D.C. ARRABALDO (ASCENDIDO DE 3ª AUTONOMICA)
• C.D. PALMES (ASCENDIDO DE 3ª AUTONOMICA)
• A.C.D. SANDE (ASCENDIDO DE 3ª AUTONOMICA)
• C.D. CEA (DESCENDIDO DE 1ª AUTONOMICA)
• MASIDE C.F. (DESCENDIDO DE 1ª AUTONOMICA) e
• C.D. RUA (DESCENDIDO DE 1ª AUTONOMICA)

Podedes ver a composición dos grupos no seguinte enlace da federación: [ VER GRUPOS ]

A pretempada empeza o 3 de Agosto

Xa coñecemos a data da competición oficial: a primeira eliminatoria da Copa Deputación será o 22 de Agosto.
Se se pasa a primeira ronda a segunda será o día 29.
E por suposto, unha semana despois dara comezo a liga, o día 5 de setembro.
De momento inda non se coñecen os rivais.

Coñecidas as datas o día 3 é o día elexido para empezar unha pretempada rápida e intensa co fin de ter preparada a primeira convocatoria o día 20 de Agosto.

Xabi ten planificado 4 adestramentos semanais nos que se intercalarán sesións físicas con partidos que inda están por determinar e no que intentará coñecer mellor ós xogadores, as súas características e as posicións as que mellor se adaptan.

Será o día 3 ás 9 da noite cando empezará a andaina do filial do Arenteiro coa presentación do equipo. Para non perder máis tempo ese mesmo día xa se levará a cabo unha pequena sesión de adestramento.

Para que ninguén ande perdido aquí queda unha pequena chuleta resumen do traballo que vai levar a cabo Xabi no mes de Agosto:

  • 4 días de adestramento seguido a primeira semana

  • Fin de semana libre

  • Luns, Martes, Xoves, Venres e Sábado da seguinte

  • 2 días de relax e semana de competición

  • martes, xoves e venres de preparación de partido

Pulsa sobre a imaxe para vela a maior tamaño



viernes, 9 de julio de 2010

Todo unha incógnita

Empeza a tempada 2010 e con algún cambio sustanciable.
O primeiro é que Mindo, como todos sabemos, non será o adestrador do equipo B pois seguirá como adestrador do primeiro equipo. As rendas do Arenteiro B vainas coller Xabi, que intentará seguir as directrices que se propoña o primeiro plantel e intentará poñer aos xogadores do filial ao 100% para que estén a plena disposición do primeiro equipo cando Mindo o considere oportuno.
A filosofía de Xabi é ben coñecida e gústalle apostar pola xente nova. A idea de Xabi é facer un equipo con rapaces novos sexa cal sexa a súa idade (Xabi foi adestrador na escola de fútbol 5 anos, logo estivo no Cea, Amoeiro, San Amaro e Ribadavia). Xabi non vai renegar de ningún xogador que sexa menor de 22 anos e teña aspiración de xogar no primeiro equipo e todos aqueles que decidan facer a pretempada terán as portas abertas para escomezar o traballo no mes de agosto.
Tampouco se sabe a ciencia certa cales serán os xogadores cos que Mindo non contará nun principio con licenza no primeiro equipo (terán que gañarse a súa confianza) e cales e quenes serán os xuvenís que participen tamén na pretempada xeral.
Deste xeito Xabi empezará a pretempada cos que quedan do ano pasado do Arenteiro B, con aqueles xuvenís que pasan de idade e non vaian co primeiro equipo e con novos xogadores que están dispostos a vir facer a pretempada e que teñen aspiracións de quedarse no equipo do Carballiño.
Anque o novo adestrador apostará pola xente nova seguramente non vaia cerrar portas tampouco aos xogadores que excedan de idade se lle proporcionan un valor engadido ao equipo nunha tempada que se presenta super complicada con 3 equipos recén descendidos de primeira e tras un final de tempada pasada no que costou moitísimo quitar os partidos adiante.
Todo se verá cando empece a pretempada.
Así o equipo B nestes momentos é toda unha incógnita na que está garantizado un duro traballo para preparar aos rapaces co fin de que gañen un sitio no primeiro equipo.

A liga escomeza o 5 de setembro

A novidade máis grande é que veñen a parar a este grupo 3 dos recén descendidos da Primeira Autonómica: Rúa, Cea e Maside.

Os equipos que serán os nosos rivais son os seguintes:

• Maside
• Rua
• Cea
• Leiro
• Crespos
• Barbantes
• Loñoa
• Arnoia
• Barra de Miño
• Quins
• Ribeiro
• Ribadavia
• Velle
• Coles
• Arrabaldo
• Palmes y
• Moreiras.

Quizás sexa a 2ª máis forte dos últimos anos.