viernes, 12 de noviembre de 2010

O Arenteiro - Ribadavia xogase o sábado ás 6 e media da tarde

Xa está aquí o derbi contra os da capital do Ribeiro. Seguramente non chega nun bo momento para ningún dos dous equipos.
A semana pasada o Ribadavia víase superado polo Maside no seu campo e terá gañas de recuperar o perdido. Polo outro lado máis do mesmo, o filial que ven de perder en Quines quererá gañar o primeiro partido na Uceira.
Os do Ribeiro non teñen moito plantel pero os xogadores veteranos fan que o equipo sexa competitivo e veñan con gañas e garantías de gañarlle a un Arenteiro no que haberá moitas ausencias debido a traballos, compromisos persoais, lesións e sancións.
O partido foi posto para o sábado ás 6 e media da tarde.
Hoxe venres será o último adestramento e Xabi fará a convocatoria para mañán sábado ás 5 e media da tarde.
Por outra banda indicar o bo ritmo de adestramento semanal. O martes os poucos que acudiron adestraron co equipo A. Onte xoves houbo sesión física con tiro a portería e logo un partido. Hoxe será a preparación do partido de mañán e a toma de contacto para saber certamente con que xogadores podemos contar (lembremos que Moisés e Lea acabaron lesionados e non se sabe cal é o seu estado actual).

No hay comentarios:

Publicar un comentario