lunes, 29 de noviembre de 2010

Loñoá 0 - Arenteiro B 1

Despois de 11 partidos o Arenteiro B conseguía a segunda vitoria da tempada nun partido moi traballado e no que pudo haber sido peor se Iñaki non parara un penalti na primeira parte ó Loñoá que antes do descanso tamén espetou un balón no pau e tivo varias contras nas que pudo haber metido algún gol.
De tódolos xeitos inda que esto foi verdade o Arenteiro dominou de cabo a rabo a un Loñoá combativo que baseaba todo o seu xogo en balóns directos sobre a defensa visitante que de vez en cando atopaban brechas polas que facían as mencionadas ocasións de perigo.
O Arenteiro tiña o dominio do balón e fixo o pouco futbol que se viu no campo ourensán. Inda así a defensa a veces correu riscos innecesarios e o medio campo non lograba enlazar cun Varela moi cuberto todo o partido e cun Barros cheo de calidade que unha e outra vez era parado con patadas e faltas.
Cancelas e Adrián conseguiron varias veces chegar á área visitante e facer algún centro pero estes non atopaban rematador. No medio do campo Jose moi combativo pelexaba unha e outra vez cos rivais e Neira intentaba armar xogo pero o Loñoá moi enriba dos verdes impedía unha e outra vez que as xogadas acabasen con máis perigo.
Atrás Moisés e Lea intentaban dar guerra a dianteira local que de vez en cando rompía á liña e aproveitábase das posicións de fora de xogo. Por outro lado Daki e Igor estiveron bastante bén nas bandas inda que o rival gañoulle as espaldas varias veces propiciado pola perda de balón no medio do campo e por desprazamentos do central do Loñoá que desprazaba unha e outra vez balóns de 50 metros.
Deste xeito chegouse ó descanso con empate a ceros gracias en gran medida a dúas intervencións de Iñaki, que foi quen de parar un man a man e logo unha pena máxima que o árbitro pitou tras tocar o balón coa man un home da barreira tras un saque de falta lateral.
E o futbol non perdoa, quen falla acaba pagando. E así foi. O Arenteiro que apenas creou ocasións de gol no primeiro tempo, salvo dúas internadas de Barros que tiñan que haber acabado en penalti levouse o gato á auga tras unha boa combinación de todo o equipo que fai chegar o balón a Luis na banda dereita que de perfecto tiro cruzado batía a Pepe. Minutos antes e durante a segunda parte entrarían no campo Luis por Adrián (que acabaría sendo expulsado cando iba fóra do campo) Visi por Varela, Mikel por Neira e Fausto por Cancelas.
O futbol facía xustiza a un Arenteiro que xogou e fixo mellor futbol ca un Loñoá moi combativo pero que non tivo acerto cara a portería rival xa que no minuto 9 de prolongación tiraba un tiro por enriba do longueiro noutro balón morto caido dentro da área do Arenteiro B.
O partido non daba para mais e tras dúas horas no campo do Loñoá (o partido empezou ás 4 e rematou ás 6 ... non imos decir nada do Sr. árbitro) remataba co resultado de 0-1.
Un 10 para o comportamento de toda a plantilla e da actitude amosada polos rapaces neste encontro. Esperemos que se siga esta liña de seriedade, compromiso e traballo de todos e que o fin de semana que ben e se poidan sumar os primeiros 3 puntos na Uceira contra un rival directísimo como é o Moreiras pois o
equipo está preparado e ten esa capacidade.
Como datos do partido o Arenteiro B xogou de inicio con Iñaki, Daki, Igor, Moisés, Lea, Cancelas, Jose, Neira, Adrián, Varela e Barros. No segundo tempo os 20 minutos Luis substitúe a Adrián, os 25 Visi a Varela, no 28 Mikel a Neira e no 30 Fausto a Cancelas.
O 0-1 foi conseguido por Luis a falta de 10 minutos para acabar o partido inda que o árbitro engadiu 12 a maiores.
Foron amonestados según o Sr. árbitro por non gardar a distancia Igor, Jose e Moisés.
Sancionou con unha marela a Adrián por protestar e logo outra segunda por distintas desconsideracións cara a súa persona (enténdase chamarlle burro, tonto, idiota e subnormal) e tamén expulsou no minuto 25 da primeira metade ó adestrador Xabi por pedirlle explicacións das tarxetas que quitaba (lembremos que aos 20 minutos xa tiñamos 4 tarxetas e estabamos recibindo pataditas de lo lindo).
Ben, como dixemos antes non vamos a comentar nada do árbitro. O pobre seguramente será feliz así e non serán os comentarios que escribamos aquí os que fagan que eso cambie (deus nos aparte dun mal coma o del).

No hay comentarios:

Publicar un comentario