domingo, 28 de noviembre de 2010

Novo desprazamento a Loñoá

Xabi convocou a 15 xogadores do Arenteiro B e a un porteiro dos xuvenís para o partido de visita ó campo do Loñoá que se disputará a partires das 4 da tarde en terras ourensás.
Xabi poderá contar con Barros, Cancelas e Igor habituais do primeiro equipo e levará tamén na convocatoria o porteiro e defensa dos últimos partidos Iñaki, Daki, Moisés e Lea. Completan a convocatoria Jose, Mikel, Neira, Varela, Adrián, Fausto, Luis e Visi.
O partido é importante contra un rival asequible que non o porá nada fácil cun plantel cheo de homes veteranos.
Hoxe o Arenteiro B deberá quitar o partido adiante ou o cambio de política de filial será inminente pois quitados os homes que adestran co primeiro equipo despois de 12 xornadas tan solo Barroso conseguiu facerse coa convocatoria e titularidade, moi pouquiño para a aportación que se espera dun equipo B con rapaces sub-23, que ademáis ocupa o último lugar da categoría sen gañar ningún partido dende a primeira xornada de liga.
E o momento de experimentar un cambio ou de retomar todo de novo visto o pouco rendemento que a nivel colectivo está a amosar un plantel que de inicio tiña 25 xogadores que deberían pelexar por gañarse un sitio no 11 titular e no que hai que botar man dos xuvenís nas últimas xornadas.
Pablo e Barbosa foron baixas voluntarias, pero entre os restantes 23 hai moito que pulir e traballar se o que se desexa e facer xogadores que cumplan os méritos suficientes para xogar no primeiro equipo, e de eso nestes momentos estase bastante lonxe salvo a referencia de Barroso que tivo os seus primeiros minutos o domingo pasado contra o Gran Peña.
Esperemos a tan desexada vitoria contra o Loñoá e que o equipo de de novo unha nova boa imaxe, inda que esto dende fai bastantes partidos non chega e as causas están para todos bastante claras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario