lunes, 22 de noviembre de 2010

Maside 2 - Arenteiro B 0

A boa actuación de Iñaki e a defensa con uñas e dentes dos do Arenteiro impediron que o Maside chegase ao descanso con un resultado moito máis abultado.
Na primeira metade o dominio foi completo dos locais e os xogadores do filial apenas pasaron do medio do campo.
Ían 35 minutos cando Brais pillou no vértice esquerdo da área unha bolea coa perna esquerda que se colaba nun golazo que poñía no marcador un resultado xusto.
No descanso Xabi fixo 3 cambios e o equipo mellorou. O Maside non daba sentenciado e os verdes de vez en cando enlazaban algunha xogada que non acababa en remate.
Non lle foi doado ó Maside sentenciar o partido e tanto Iñaki como a defensa unha e outra vez eran quen de evitar o segundo gol dun Maside que se viña pouco a pouco abaixo.
Sen embargo un tiro bastante lonxano a falta de 10 minutos de Utrero pegaba na cabeza dun defensa e colábase pola mismísima escadra dos filiais. Neste caso un gol de sorte que viña a reflexar a superioridade do líder ante un Arenteiro moi combativo.
Destacar no filial a presenza de 3 xuvenís que interviron no partido e o debut de Jose, que puxo moitas gañas e empuxe. Anxo xogou os 90 minutos, Cristian saiu aos 20 minutos da 2ª parte e Carlos substituíu a Iñaki faltando 10 minutos, xusto cando o Maside conseguiu o 2º gol. Os tres tiveron unha boa actuación.
Non foi un gran partido do Maside que non estivo tranquilo ata que conseguiu o 2º gol e boa disposición de traballo e defensiva dos verdes que venderon cara a súa derrota, eso sí, sin inquedar en gran medida a meta de Heriberto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario