miércoles, 26 de enero de 2011

Mala imaxe contra o Ribeiro, Arenteiro 0 - Ribeiro 1

Repítese o inicio da primeira volta e as dúbidas que xenera o equipo partido tras partido.
O domingo o equipo tiña por nomes entidade suficiente coma para crearlle ocacións e meterlle algún gol ó Ribeiro pero os locais fixeron unha primeira parte desastrosa e na segunda, inda que se mellorou o equipo non foi capaz de chegar con claridade á porta de Julio, que se amosou moi seguro e tan só pasou apuros na segunda metade a un tiro de Fausto e unha ocasión de Neira.
Por enriba o equipo acaba castigadísimo coa lesión de Mikel, coas molestias de Lea e coa expulsión de Manuel Caíña para ir visitar o fin de semana que vén a un candidato firme ao ascenso como é o Velle.
Xabi colocou de de inicio contra o Ribeiro a Iñaki, Barroso, Daki, Lea, Javi, Cai, Neira, Luis, Varela, Jose e Cancelas. Despois do descanso sairían Mikel e Fausto. Avanzada a segunda metade entraron Visi e Dani.
O debuxo técnico non funcionou en ningún momento e tanto Cai, Jose, Neira e Luis non daban parado á media do Ribeiro que unha e outra vez colocaba balóns as espaldas de Daki, Javi e Lea provocando chegadas de 1 contra 1 na área de Iñaki que por fortuna e por erros dos visitantes eran desperdiciadas unha e outra vez. Sen embargo sería nunha falta rasa e ao lado de Iñaki cando o balón atravesaría a liña de gol e establecía o 0-1 co que acabaría o partido.
Na segunda metade Xabi recompón o equipo e fai unha e outra vez cambios de posicións buscando a chegada á portería. O equipo foi superior e dominou ó Ribeiro pero cara a meta os esforzos foron inútiles. A falta de dous minutos para rematar a grave lesión de Mikel provocou o final do encontro e o resultado merecido do Ribeiro por aproveitar mellor as ocasions que tivo.
Xabi bota en falta a personalidade que debe ter o equipo e a falta de rendemento nos partidos. Hai moitos fallos en cousas moi básicas e costa corrixilos. A esperanza é grande pero unha e outra vez o equipo pon de manifesto erros que os rivais aproveitan: fallos nos pases, baixa forma física, falta de disputa, a idea de ir polo partido e gañalo ... condicionantes que cando ocurren fan que os partidos se conten por derrotas. De tódolos xeitos o equipo na segunda parte repúxose e quixo moito máis pero a pegada foi moi froxa. O equipo necesita estar en todos os partidos ó 100% e calquera vantaxe que se lle conceda aos contrarios pasa factura (non adestrar, sair os sábados pola noite, partidos o día anterior, desmoralización, ...). Hai que intentar vir nas mellores condicións e inda así os rivais non no lo van a poñer fácil. Coa chegada dos xogadores de arriba (Javi, Cancelas, Gallardo e Igor) e tamén coa fichaxe de Cai o equipo debería amosar outra imaxe máis contundente, pero de momento esto debe esperar. Barroso, Neira, Jose, Varela e Fausto tamén deberían ser xogadores que deberían tirar polo equipo e que complementan perfectamente aos anteriores. A primeira oportunidade será o próximo fin de semana e xa veremos como sae o equipo mentalizado contra o Velle esperando para o futuro  a recuperación de Dani Barros, a volta de Martínez e a fichaxe dalgún outro xogador máis para saír dunha vez por todas de tan angustiosa situación e voltar a dar unha boa imaxe de loita e entrega coma en Coles e en Cea.
En canto ao traballo semanal o martes adestraron Neira, Daki, Visi, Luis, Cancelas, Javi, Fausto e Igor. Na primeira parte fixeron un quecemento co primeiro e quipo e na segunda xa con Xabi fíxose un traballo físico e un partidiño de 4 contra 4.
O xoves o equipo adestrará en Maside as 8 e cuarto no típico partido co primeiro equipo.

3 comentarios:

  1. Aber javierin non me parece normal o k escribiches ai arriba decindo k non se ganan os partidos xk a xente sale os sabados parceme unha barbaridade o ke estas decindo non me parece normal se eres o entrenador do ekipo.asike mais traballar ti tamen preparando os adestramentos e menos falar barato

    ResponderEliminar
  2. Javi pasa de todo en velle dabache iwal perder 3-0 ke 8-0 non eres adestrador

    ResponderEliminar