martes, 1 de febrero de 2011

Velle 3 - Arenteiro B 1

Boa imaxe a dada na primeira parte contra o Velle. Inda que o equipo viaxaba xusto e con 3 xuvenís  fixo un bo traballo e pelexou contra un equipo candidato ao ascenso que se aproveitou de dous erros de marcaxe nun saque de banda e nunha falta ao borde da área para conseguir irse ao descanso cun 2 a 0.
Inda que se prevía unha segunda parte moi difícil con Iñaki lesionado o equipo, no que tiveron entrada os 3 xuvenís, foi quen de acadar un gol e non ser superado por un Velle que amosou todo o seu potencial para estar arriba e acadar o ascenso de categoría.
O Velle poríase co 3 a 0 na metade da segunda parte e o gol visitante sería conseguido por Dani Requeixo, o segundo no seu casilleiro particular, a falta de 5 minutos para o remate.
En canto aos xuvenís destacar que Joel voltou a xogar todo o partido, Abel toda a segunda metade e Julián os últimos 30 minutos. Dani entraría faltando 15 e conseguiría o gol a falta de 5 minutos para o remate.
Xabi alineou a Iñaki, Joel, Daki, Jose, Javi, Varela, Barroso, Cancelas, Luis, Neira e Visi.
Na metada sairía Abel por Cancelas e máis tarde Julián e Dani por Visi e Luis respectivamente.
Inda que a ninguén lle gusta perder hai maneiras e maneiras de afrontar un partido. O equipo foi bastante mermado a xogar contra o Velle e é nos momentos difíciles cando se pode ver a categoría dos xogadores de das persoas. O equipo traballou dabondo e moitos dos xogadores deron todo e moito máis do que nos teñen acostumbrados. Ese é un bo camiño e un exemplo a seguir.
Tamén fai falta felicitar e agradecer o participación dos xogadores xuvenís que están aportando tanto coma a xente do Arenteiro B e sen os cales non iríamos nin 11 a certos partidos. Os rapaces ata agora veñen, cámbianse, fan o que saben e intentan cumplir da mellor maneira posible sendo un exemplo a seguir de entrega, educación e vontade.
Contra o Velle era previsible perder e sucedeu, e o equipo inda ha de perder moitos partidos máis contra rivais fortes que quedan por xogar.
Agora ben, os dous seguintes partidos (Palmés e Santa Cruz) serán vitais para conservar a liña que ascendente que o equipo empezou a principio do  ano e que debe manter se desexa alonxarse dos postos que acarrean descenso. Lembremos que na primeira volta os dous partidos acabaron en empate.

Para despedir esta crónica tiremos do refraneiro español, fagámoslle caso e apliquémolo ao fútbol:
  • En cualquier trabajo u obra el que no ayuda estorba
  • Hace más el que quiere que el que puede
  • El que algo quiere algo le cuesta
  • Por el trabajo llegan arriba los que están abajo.
O outro día contra o Velle realmente houbo xente que fixo moi ben  o seu traballo.
Por suposto, sempre haberá xente que lle aplicará a esto "por un oído me entra y por otro me sale". Tendo esto en conta e contando con todos esta semana toca gañar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario