domingo, 26 de septiembre de 2010

Palmés 0 - Arenteiro 0, primeiro punto fóra da casa

Xa nas vésperas do partido non se consideraba unha saída nada fácil a do Arenteiro B a Palmés por diferentes motivos que estaban mais ou menos claros: campo de terra pequeno, equipo veterano que inda non conseguira ningún punto, adestramentos semanais con falta de xente, xogar fóra da casa ... e así foi, o partido contra o Palmés transcurriu con todos estes alicientes pero onte os rapaces do filial deron a cara e conseguiron acadar 1 valioso punto nun partido que poido levar calquera dos dous equipos. E este terá que ser o camiño a seguir para ir escalando postos na clasificación.
Xabi alineou a Pablo, Daki, Igor, Lea, Moisés, Gallardo, Fausto, Barroso, Rodrigo, Neira e Visi. A media hora de partido Luis saiu en sustitución de Visi e pouco máis tarde Rubén sustituiría a Fausto. Xa na segunda metade Sergio entrou no sitio de Barroso e Dani Requeixo entrou en lugar de Neira.
Os primeiros compases de partido foron de tanteo e o Arenteiro B non se daba feito co control do xogo, ao revés, foi o Palmés o que tocaba e se acercaba unha e outra vez á área de Pablo. Os saques directos do porteiro, moi longos, provocaban malos despexes da defensa visitante e conseguían saques de bandas á altura do área moi perigosos. Cando esto non era así o centro do campo e a banda dereita do Palmés facíase unha e otra vez cos rechaces e as súas xogadas provocaron varios corners moi perigosos que por fortuna non tiveron consecuencias. O Arenteiro non se atopaba cómodo e parecía durmido. A única ocasión nos primeiros 45 minutos do equipo verde foi só unha xogada de Neira que cedeu a Gallardo, pero o seu tiro foi desviado polo porteiro do Palmés.
Na segunda parte o Arenteiro polo menos soupo a que xogar, buscar o xogo de contacto, pelexar e intentar sorprender á defensa do Palmés. E así ocurriu varias veces, o Arenteiro foille tomando o control ó partido, foi máis preciso nos cortes e nos despexes e apareceron as ocasións de gol. Na primeira Gallardo cabecea por enriba do porteiro e con este batido o balón espétase no longueiro. Minutos máis tarde Luis queda diante do porteiro pero o seu man a man acaba nun tiro de vaselina que saiu bastante desviado.
Estes fallos poidéronlle costar caro o equipo pois os últimos 3 ou 4 minutos de partido o Palmés asediou a portería de Pablo pero os malos tiros de falta e noutros casos a falta de acerto rematador fixeron que o partido acabara cun xusto 0-0.
O partido foi unha pelexa constante e o futbol de toque brillou pola súa ausencia. En partidos coma este non se debe baixar a garda e hai que disputar cada balón en cada momento. Calquera fallo pode costar moi caro. Onte grazas ó bo traballo defensivo a portería quedou en branco e púdose acadar un punto que poideron ser 3 se estivésemos acertados na parte de arriba. Inda así ó equipo cóstalle moito chegar e facer ocasións de gol, algo que haberá que mellorar nos seguintes partidos.
Agora toca pensar no seguinte envite na casa contra o Arrabaldo, outro equipo recén ascendido coma o Palmés e que quere asentarse na categoría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario