domingo, 5 de septiembre de 2010

Arenteiro 1 - Cea 0, primeiros 3 puntos da liga

Unha moi traballada e sufrida victoria danlle os primeiros 3 puntos a un Arenteiro B que o intentou dar todo no campo e que ó final tivo recompensa cun gol de vaselina de Barroso cando faltaba un cuarto de hora para acabar o partido.
O Arenteiro saiu ó campo con Iñaki, Barbosa, Igor, Moisés, Javi, Visi, Fausto, Barroso, Luis, Neira e Sergio.
Luis, que sofriu un forte esguince no tobillo esquerdo tivo que ser substituido a media hora e no campo entrou Daki.
No descanso entrarían Rubén e Rodrigo en substitución de Barbosa e Sergio. Máis tarde na segunda parte Lea substituiu a Moisés e Dani Requeixo debutou no posto de Neira.
Nada fácil foi a primeira victoria do equipo en Espiñedo. Os dous tempos foron bastante parecidos cun dominio inicial do Cea que presentaba o seu once casi de luxo con Pichi, Omar, Fran e Obenza como homes de referencia no ataque e que fixeron traballar de abondo a toda a defensa local.
Os do filial intentaban sair co balón xogado pero as imprecisións e fallos nos pases facían que os balóns acabasen nos pés dos panadeiros. O traballo era bo e a intensidade do xogo fixo que o Cea se atopase incómodo. Inda así os visitantes dispuxeron de varios corners e faltas ó borde da área que acabaron sen consecuencias. Deste xeito nos últimos minutos os locais tomaban o mando do partido pero sen claras ocasións de gol.
No segundo tempo máis do mesmo, pero aquí si que o Cea pudo adiantarse no marcador con duas xogadas moi claras nas que Iñaki tivo que resolver e evitar goles cantados na grada. O Arenteiro según iba pasando o tempo iba atopándose mellor no campo e empezaba a dominar levemente o partido. Nun roubo de balón o pase de Neira a Barroso, moi traballador todo o partido, por enriba da defensa deixa a este nun man a man contra o porteiro que define de maneira perfecta cunha bonita vaselina. Era o 1-0.
Co marcador en contra o Cea botouse arriba causando numerosas ocasións sobre todo en corners que a defensa local non daba defendido con claridade. A defensa tiña moito traballo e Fausto a falta de 5 minutos evitou un gol sacando o balón de cabeza de debaixo dous paus.
Nos últimos minutos os locais defenderon a vantaxe e co pitido final os 3 puntos quedaron na casa.
O filial deu unha imaxe de equipo traballador e entregado, cun amplísimo marxe de mellora, inda que en frente estivo un dos equipos chamados a estar arriba.
Destacar que Luis foi atendido nun centro médico despois do partido e recibiu un tratamento de calmantes e antiinflamatorios. Esperemos que a lesión non sexa máis que eso e dende aquí mandarlle ánimos.
Ó final un bonito e disputado partido no que os puntos quedaron na casa gracias ó mellor acerto dos locais, que aproveitaron a perfección unha das poucas ocasións das que dispuxeron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario