martes, 21 de septiembre de 2010

Moito Velle e segunda derrota : Arenteiro B 0 - Velle 2

Segunda derrota na liga e primeira derrota na casa contra un Velle que se amosou superior e fixo valer a veteranía na segunda parte á espera dos fallos dun Arenteiro que estivo ó seu nivel pero ó que lle costa moito de momento meter goles.
O Arenteiro aguantou bastante ben a primeira parte e sufriu durante todo o partido as continuas faltas e provocacións dos xogadores do Velle, ben asentados no campo e que facían valer a súa veteranía.
A defensa funcionou bastante ben e no medio do campo loitouse, pero tanto Barros coma Adrián non dispuxeron de claras ocasións de gol. Neira e Visi pelexaban no medio e Barroso, desaparecido ata a metade da primeira parte, tardou en entrar en xogo. Fausto tería duas ocasións para marcar pero os seus tiros moi froxos non chegaron nin á portería.
No medio de esto Barros íase unha e outra vez da súa marca pero as axudas defensivas do Velle foron eficaces e cortaban o balón en múltiples faltas que o árbitro casi nunca pitaba.
No segundo tempo máis do mesmo, non se daba entrado na defensa visitante e pouco a pouco o Velle xogaba algo mais solto. Nunha triangulación que empezou no medio campo o balón chega en profundidade ó interior do Velle que queda solo diante de Iñaki e tras regatealo mete o 0-1 no marcador inda non chegada a metade da segunda parte.
Mais tarde complicouse a cousa e coa expulsión de Adrián o Arenteiro acabou xogando cun home menos.
Para rematar a faena o Velle acadaría de tiro libre directo un bonito gol máis alá dos 25 metros faltando 5 minutos para acabar o partido.
O Arenteiro pelexou pero non foi suficiente.
Saíron de inicio Iñaki, Daki, Barbosa, Moisés, Gallardo, Visi, Fausto, Barroso, Barros, Neira e Adrián.
Na segunda parte entraron Rubén, Lea, Dani e Sergio en substitución de Daki, Visi, Barbosa e Neira.
O Arenteiro deberá apernder dos errores, estar mais concisos nas xogadas e terá que seguir poñendo todo da súa parte para quitar o seguinte partido adiante na saída do fin de semana a Palmés. Un partido que se antoxa importante para os de Carballiño pero tamén para os locais, que inda non teñen ningún punto e veñen de dar moita guerra contra o Maside (2-1 nesta xornada). Será un partido complicado e moi interesante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario