domingo, 12 de septiembre de 2010

Derrota para seguir aprendendo

Nada que obxectar á derrota sofrida polo filial nas terras de Ribadavia ante o equipo de San Cristobal, o Ribeiro FC.
Anque Xabi quitou ao campo a un equipo de garantías o Ribeiro foi dominador da situación en toda a primeira parte e tanto o futbol directo coma a veteranía e o saber facer dos bos xogadores do equipo local foron merecedores nun campo moi reducido pero en boas condicións de irse ao descanso coa vantaxe de 1 a 0 no marcador.
Na primeira metade xogaron Pablo, Daki, Igor, Gallardo, Javi, Visi, Fausto, Cancelas, Barroso, Neira e Sergio.
No descanso saltaron Moisés, Lea e Barbosa en substitución de Javi que non se atopou totalmente recuperado da súa lesión, Visi e Sergio.
A segunda metade cambio de color, pero por desgracia a sorte acompañou de mellor maneira unha xogada do Ribeiro que acabou dentro da portería do Arenteiro B poñendo o 2-0 no marcador mediada a segunda parte.
O Arenteiro non se veu abaixo en ningún momento e seguiu loitando pero sen moita chegada e tiros a portería.Así podemos destacar un tiro de Fausto que quitou moi ben Julio e unhas chegadas de Cancelas que non culminaron con acerto. Tamén distintas faltas e corners que non acabaron en remate.
Pola contra o Ribeiro tamén chegaba con perigo en xogadas moi rápidas que eran propiciadas polos saques de portería de Julio e por imprecisións nun campo moi estreito e pequeno.
Os visitantes na segunda metade mereceron algo máis co gol de penalti (que solo viu o árbitro, por certo) que anotou Neira, pero a veteranía dos locais e a falta de tempo non deixaron que o partido fose mais alá dos 90 minutos (debería haberse alargado 6 ou 7 ao final).
Unha derrota que serve para aprender que non se lle poden facer regalos aos contrarios e tamén para saber que loitando ata o final se pode conseguir moito, pero que non é suficiente, independentemente dun árbitro que non merece estar nesta categoría (estivo desastroso, por decir algo agradable).
Moito terán que espabilar os do filial contra rivais deste tipo se desexan obter resultados positivos (ser novos ten moitas vantaxes, pero tamén moitos inconvintes cando enfronte hai xogadores veteranos, e para proba este partido contra o Ribeiro).
Nos últimos minutos Requeixo e Rubén substituirón a Daki e Cancelas. Destacar o debut de Pablo que fixo unha moi boa actuación e tamén o traballo de Gallardo e Fausto na segunda parte no medio do campo que lle deron unha mellor imaxe e forza ao equipo visitante. Pola súa banda o resto do equipo fixo un bo traballo, pero esto ás veces non é suficiente. Agora toca gañar o seguinte partido contra o Velle.
Aquí queda unha foto do equipo do Ribeiro e no enlace a crónica que estes fan do partido.
Tanto a foto coma o enlace están sacados da páxina do Ribeiro FC (http://www.ribeirofc.com/)

No hay comentarios:

Publicar un comentario