lunes, 14 de febrero de 2011

Arrabaldo 6 - Arenteiro B 2

O Arenteiro acudía ao campo sintético de Arrabaldo con 13 xogadores e con moitas baixas a causa de estar convocados co equipo de preferente, ademáis dos lesionados Iñaki, Mikel e Lea.
A primeiras o campo de cortas dimensións e moi rápido por mor da choiva caída amosábase propicio para o equipo que estivese mais espabilado e máis listo. E foi aquí onde o Arrabaldo levou o gato á auga metendo goles de maneira moi doada sin apenas oposición ó menos en 4 das ocasións que o balón acabou na rede.
O partido non lle resultou tan doado como indica o marcador pois dun 2-0 o Arenteiro poríase cun 2-1, gol de Javi en saque directo de corner.
Tampouco cando se adiantaron co 3-1 nunha cesión increíble dentro da área ó dianteiro local pois acto seguinte noutro saque de esquina Luis metía o 3-2.
Lonxe de espabilar os erros acumulábanse. O 4º meteríano noutro erro garrafal. Acto seguido e ante a desmotivación caerían o 5º e o 6º, inda que tamén se poido reducir a diferencia se Javi non fallara un penalti que o equipo local provocou cun agarron dentro da área nun corner a favor dos de Carballiño. Nesta ocasión sería o porteiro o que adiviñaría as intencións do central do Arenteiro.
Poucas cousas positivas desta derrota salvo darse de conta que cada un facendo a guerra polo seu lado non consigue nada, que se o compañeiro non disputa e traballa bota abaixo a moral dos que están dispostos a tal feito e que se pode perder por goleada sin problema, simplemente é unha derrota máis, pero eso sí, o fin de semana que vén haberá que gañarlle ao pechacancelas Crespos para escalar de novo postos e sair da zona de descenso.
O 6-2 xa é historia, esta semana toca poñerse en cura (recuperar xente, buscar porteiro, e intentar face a convocatoria co equipo o máis competitivo posible) inda que as lesións síguense acumulando (aos 25 minutos Barroso tivo que abandonar o campo con rotura de fibras).
De seguro que esta derrota é unha mera anécdota da que todos nos acordaremos por moito tempo (houbo goles de risa) pero que a deixaremos atrás moi pronto, este fin de semana ganándolle ó Crespos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario