lunes, 20 de diciembre de 2010

Leiro e Barbantes, dous partidos, mesmo resultado

O Arenteiro B saldou con dúas derrotas os dous últimos enfrontamentos contra o Barbantes e contra o Leiro.


Se contra o Barbantes se fixo un moi bo partido con bo xogo e múltiples ocasións de gol nos pés de Barros e Rubén, sería Martínez ao igual ca onte contra o Leiro o xogador que acadaría os goles do Arenteiro.

En Barbantes despois de encaixar o 1 a 0 o equipo atopou nunha contra a maneira de empatar e aguantar ata case o final do partido con boas intervencións de Iñaki e cun Arenteiro pelexando a morte cada balón ata o final. O partido seguiría así ata faltando 10 minutos onde o Barbantes cerraría o 2-1 final.

Destacar o debut do xuvenil Joel que xogou todo o partido e tamén de Cristian que participou nos últimos 20 minutos.

No partido de onte a cousa foi diferente e o Arenteiro B poido haber quitado algo mais inda que o Leiro adiantouse no marcador e poido ir ao descanso con 2 ou 3 goles ó seu favor. De tódolos xeitos Martínez, Barroso e Cancelas rompían coa sua velocidade a defensa e media do Leiro. Nunha desas xogadas Martínez avisaba coa primeira ocasión do partido cun tiro ao longueiro.

Sen embargo sería unha boa xogada rematada pola banda esquerda cando o Leiro sobre os 25 minutos se adiantaba no marcador.

A 10 minutos antes do descanso Martínez de falta directa perfectamente executada conseguia o empate e no último minuto o Leiro erraba outra boa xogada do seu extremo esquerdo que cando tiña a toda a defensa regateada e ao propio Iñaki incomprensiblemente escapábaselle o balón para fora de porta.

Na segunda parte partido igualado e sen ocasións. O Leiro presionaba e o Arenteiro prevía perigo cando se daban ido das marcas. Sen embargo o espectáculo acabouno dando á Señorita árbitro do partido sacando cartóns e cartóns, expulsando ao banquillo do Leiro, tamén a Rubén Martínez e pitando cousas incomprensibles que rompían a boa marcha do partido.

Todo rematou cando a falta de 2 minutos e tras conseguir o Leiro o seu segundo gol nun fallo garrafal de Iñaki a xuiza decretou o final prematuro do partido tras expulsar a Sergio e este tirarlle dun manotazo as tarxetas da man.


2 novas derrotas dun Arenteiro B que xoga ben e que dá a cara pero que unha e outra vez remata perdendo pola mínima. Noraboa ó Leiro que onte tivo a sorte de cara nun balón que Iñaki non acertou a chapar e deixou a pracer para o remate de Cuki. Polo resto partido que debería haber acabado en empate polo visto no campo e no que non se apreciou a diferencia entre un equipo que vai arriba e un equipo que agora sí empezará a pelexar por sair dos postos de descenso con toda unha segunda volta por diante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario