viernes, 9 de julio de 2010

Todo unha incógnita

Empeza a tempada 2010 e con algún cambio sustanciable.
O primeiro é que Mindo, como todos sabemos, non será o adestrador do equipo B pois seguirá como adestrador do primeiro equipo. As rendas do Arenteiro B vainas coller Xabi, que intentará seguir as directrices que se propoña o primeiro plantel e intentará poñer aos xogadores do filial ao 100% para que estén a plena disposición do primeiro equipo cando Mindo o considere oportuno.
A filosofía de Xabi é ben coñecida e gústalle apostar pola xente nova. A idea de Xabi é facer un equipo con rapaces novos sexa cal sexa a súa idade (Xabi foi adestrador na escola de fútbol 5 anos, logo estivo no Cea, Amoeiro, San Amaro e Ribadavia). Xabi non vai renegar de ningún xogador que sexa menor de 22 anos e teña aspiración de xogar no primeiro equipo e todos aqueles que decidan facer a pretempada terán as portas abertas para escomezar o traballo no mes de agosto.
Tampouco se sabe a ciencia certa cales serán os xogadores cos que Mindo non contará nun principio con licenza no primeiro equipo (terán que gañarse a súa confianza) e cales e quenes serán os xuvenís que participen tamén na pretempada xeral.
Deste xeito Xabi empezará a pretempada cos que quedan do ano pasado do Arenteiro B, con aqueles xuvenís que pasan de idade e non vaian co primeiro equipo e con novos xogadores que están dispostos a vir facer a pretempada e que teñen aspiracións de quedarse no equipo do Carballiño.
Anque o novo adestrador apostará pola xente nova seguramente non vaia cerrar portas tampouco aos xogadores que excedan de idade se lle proporcionan un valor engadido ao equipo nunha tempada que se presenta super complicada con 3 equipos recén descendidos de primeira e tras un final de tempada pasada no que costou moitísimo quitar os partidos adiante.
Todo se verá cando empece a pretempada.
Así o equipo B nestes momentos é toda unha incógnita na que está garantizado un duro traballo para preparar aos rapaces co fin de que gañen un sitio no primeiro equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario