viernes, 23 de julio de 2010

Dudas nas datas de inicio

Parece ser que as datas de copa deputación do 21-22 e 28-29 solo afectan aos equipos de 3ª autonómica e que o primeiro partido oficial será o de liga na xornada do 5 de Setembro.
Por un lado deixa máis tempo para que se poda conxuntar o equipo e coñecer o desenvolvemento dos xogadores en distintas posicións, por outro modifica de certa maneira o calendario de pretempada ao ter moito máis tempo e fins de semana para planificar distintos partidos amistosos.
O máis seguro é que se fagan polo menos 5 partidos de pretempada. A idea de Xabi é de xogar contra equipos de maior categoría coma Amoeiro, Francelos e Ramirás e algún contra equipos de menor categoría (Salamonde, Piñor ...) pero as datas están inda sen confirmar polos motivos que antes comentamos (inda non se sabe de forma fixa cando inicia a competición).
Os partidos levaríanse a cabo os mércores na Uceira, único día no que o Arenteiro B dispón do campo completo e os fins de semana intentando non coincidir cos partidos do primeiro equipo. Se hai desprazamentos os partidos serán na casa do equipo rival.
Esperando concretar as fechas o plantel está citado para o martes día 3 ás 9 menos cuarto no Espiñedo para ter a primeira toma de contacto e arrancar a pretempada.
Xabi espera contar con xogadores que quedan do ano pasado do Arenteiro B, con xogadores que saen dos xuvenís, con xogadores que foron algún día da escola de fútbol e con outros máis fichaxes de rapaces menores de 23 anos que están dispostos a gañarse un posto e defender a camiseta do Arenteiro.
De confirmarse a nova de non participar na copa deputación nesta primeira fase a pretempada confórmarase polo tanto con bastantes adestramentos e moitos partidos amistosos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario