Partidazo do Arenteiro B na primeira parte na Rúa adiantándose no marcador 0-1 no minuto 40 que serían 0-2 se Fausto 5 minutos antes estivese máis acertado e non tirase a porta valeira contra o seu compañeiro Martínez ó que derribaron na xogada.
O Arenteiro B tuteou e pelexou contra un Rúa que non atopaba maneira nin acerto de marcar ante a defensa e cun Pablo bastante seguro.
Pero outra vez de novo un rigurosísimo penalti coa conseguinte expulsión de Lea nos minutos de desconto da primeira metade fixeron que o resultado no descanso fose un 1-1.
Na segunda parte cun home menos e cun Arenteiro B que se veu abaixo polas continuas decisións arbitrais e tamén pola acumulación de cansancio e falla de efectivos abríronlle as portas ó Rua que conseguía o 2-1 aos 15 minutos da reanudación.
Baixos de moral e forzas Xabi deu entrada a Abel, Sergio e Visi pero o Rúa non deu opción e en dúas novas chegadas conseguía o definitivo 4-1 nos minutos 30 e 42.
Moi boa actitude pero tocou de novo pelexar contra muiños de vento.
Con respecto ao Rúa un equipazo en todas as súas liñas inda que en defensa tiveron que traballar arreo, sobre todo na primeira metade.
O Arenteiro conseguio o mellor gol da tempada, presionando e roubando o balón. Martínez aguantou e deixoulle a Fausto un balón na banda que foi centrado de forma perfecta para que Neira rematase de cabeza dende o medio da área grande libre de marca por toda a escadra levantando incluso algún aplauso do público local e a conseguinte desconfianza de se o equipo que estaba xogando era o último clasificado da categoría.
Pero por desgracia outra vez de novo o resultado final foi o mesmo. Bo fútbol pero 0 puntos mentres durou a gasolina.
Este fin de semana nova oportunidade de puntuar contra un Quins que ven de perder na casa co Maside.
No hay comentarios:
Publicar un comentario